PROGRAMA

xoves 25 de abril


 

GRUPO:
AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE PONTEVEDRA GALICIA
ESPECTÁCULO:
Estupidez artificial
AUTORÍA: A partir de textos de Manuel Cortés, Ana Abad de Larriva, Déborah Vukusic
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 18'00
DURACIÓN: 50 minutos
TARIFA: 3€

 

En Estupidez Artificial contamos tres historias que teñen como nexo común a intelixencia artificial, unha ferramenta chamada a revolucionar a maneira na que os seres humanos teñen ou terán que relacionarse.
A busca de compañía para escapar da soidade, a busca de inspiración dun artista frustrado ou a busca da fórmula para dominar o mundo constitúen as máximas dos protagonistas da montaxe.

Montaxe realizada a partir dos seguintes textos presentados no Torneo de Dramaturxia dentro da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas: O Inesperado encontro entre William Henry Gates III e o Incerto Señor Stephen William Hawking I de Manuel Cortés; Os Robots non saben abrazar de Ana Abad de Larriva; Musas do Metal de Déborah Vukusic.

 

DIRECCIÓN: SALVADOR DEL RÍO
ELENCO: Carolina Rufián García, Xaime Reboiras, Suso Riveiro Bello, Luísa Silvela Costoya, Mabel Fernández COMESAÑA, Xulio Mera González
ESCENOGRAFÍA: Ningures
VESTIARIO: Sonia Rúa
ILUMINACIÓN: Salvador del Río
AXTE. DIRECCIÓN: Omar Ferrín

 

[<]


GRUPO:
AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE VIGO GALICIA
ESPECTÁCULO:
Soño dunha noite de verán
AUTOR: William Shakespeare
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 70 minutos
TARIFA: 3€

Durante os días previos ás nupcias de Teseo e Hipólita, Herminia e Lisandro, dous mozos namorados, foxen da cidade para poder casar en segredo. O pai de Herminia quere casala con Demetrio e desaproba esa relación.  Son seguidos ao bosque por Demetrio –namorado de Herminia – e Helena –namorada de Demetrio.
Nese bosque habitan seres máxicos, como Oberon e Titania, rei e raíña das fadas, que logo dunha das súas múltiples pelexas, e grazas ao máxico elixir dunha bela flor, farán que toda a realidade se altere. Desta maneira, os namorados  namorarán de quen non corresponde, e ata a mesma raíña das fadas acabará amando... a quen non debe.
Ao final, ninguén saberá dicir se todo o acontecido foi verdade ou un soño.
Mentres todo isto sucede, unha compañía de cómicos,  ensaia unha comedia que representará na voda de Teseo e Hipólita.

 

DIRECCIÓN: CASILDA ALFARO e SONIA RÚA
ELENCO: Andrea Busto Castiñeira, Antón Abal Rúa, Aroa Blanco Escanciano, Azael Durán Alonso, Cecilia Jiménez López, Juan Diego Comesaña Lorenzo, Laura Alonso Estévez, Laura Pousada Barrio, Lidia Gutiérrez Marín, Maria Luísa Fernández Arrabal, Miguel Rodríguez Carretero, Natalia Sías Paramos, Sofía Fernández Cidrás, Yerai Orts Covelo
VESTIARIO: Sonia Rúa
MÚSICA: Miguel R. Carretero
ESCENOGRAFÍA: Ningures
ILUMINACIÓN: Héctor Pazos
FOTOGRAFÍA E CARTEL: Diego Seixo


[<]