GRUPO:
EMULSIÓN TEATRO EXTREMADURA
ESPECTÁCULO: Brünilda, Valquiria, mujer y cantante
AUTORÍA: Solo Yoni / Asunción Mieres
LUGAR: LICEO
HORA: 19'00
DURACIÓN: 65 minutos
TARIFA: 3€
Brünilda é unha Valquiria condenada por Odín, por desobedecelo, a vivir eternamente nun sono profundo ata que un cabaleiro logre espertala e liberala da súa maldición. Sóavos de algo esta historia? Unha muller condenada por un home e rescatada por outro home. A historia de sempre, pero con aspecto de conto nórdico.
Unha cantante de ópera, Camila Sixta, prepárase para a estrea do papel da súa vida: interpretar a Brunilda en "A Valquiria", a obra mestra de Wagner. Sometida a moita presión por parte do director, da prensa e dela mesma, queda sen voz minutos antes de saír a escena, por culpa dun ataque de ansiedade. O medo a perder o papel e que non a volvan contratar nunca máis, fai que sexa quen de calquera cousa por recuperar a voz e saír airosa, con tal de que nunca digan dela que está acabada.
Brünilda é unha comedia crítica que fala da situación das mulleres de mediana idade, nun sector profesional moi particular, pero que se pode comparar con calquera outro, pois as situacións, os medos e as solucións veñen a ser as mesmas.
DIRECCIÓN: JONATHAN GONZÁLEZ
ELENCO: Asunción Mieres
DESEÑO VESTIARIO, PERRUQUERÍA E CARACTERIZACIÓN: Juanjo Gragera
DESEÑO ILUMINACIÓN E ESPAZO SONORO: Rafael Santana
DIRECCIÓN TÉCNICA: Rafael Santana
DESEÑO GRÁFICO E CARTELERÍA: Marta Barroso
PRENSA E COMUNICACIÓN: GesPROec Comunicación
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN: Emulsión Teatro
VOZ EN OFF: Lucía Semedo
[<]
|
|
GRUPO:
PALLASOS EN REBELDÍA GALICIA
ESPECTÁCULO: Cultura contra a barbarie a prol de Palestina
AUTORÍA: Varias
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 90 minutos
TARIFA: 12€ - 10€ - 8€ e BUTACA 0
Gala solidaria en favor do pobo palestino que Pallasos en Rebeldía, xunto con Culturactiva, organizan en todo o Estado, para recadar fondos que irán directamente á Franxa de Gaza.
Este evento solidario reunirá artistas do ámbito da música e das artes escénicas. Unha oportunidade para reivindicar os dereitos do pobo palestino a través da cultura e a arte.
Todo o recadado irá destinado a Gaza Stars Circus School, unha entidade local coa que colabora Pallasos en Rebeldía, e que traballa directamente con nenos e nenas, proporcionándolles bens básicos como alimentos, medicinas e roupa.
ARTISTAS:
DANI BLANCO
MAGO TETO
LETI DA TABERNA
THE TETAS VAN
O SONORO MAXÍN
Coa intervención de colectivos pro-palestinos de Ourense
[<]
|
|