GRUPO:
EDUCACIÓN A TRAVÉS DA DANZA (CAMPUS DE OURENSE) GALICIA
ESPECTÁCULO: O xardín das danzas
DRAMATURXIA: Ainhoa Linaza e estudantes do obradoiro Educación a través da danza da Uvigo
LUGAR: IES AS LAGOAS (PATIO)
HORA: 19'30
DURACIÓN: 40 minutos
TARIFA: Libre
Viaxe pola danza folclórica de diferentes países: bailaremos danzas sociais grupais de México, Irlanda e España. E invitaremos ao público infantil a aprender, cantar e danzar con nós por Francia, Polonia, Brasil, Países Baixos e Tanzania.
DIRECCIÓN: AINHOA LINAZA
ELENCO: Mariña Fernández, Cristina Garrido, Christian Gómez, Gabriela Gómez, Lucía García, Noelia Mallón, Aida Souto, Paula González, Ainhoa Linaza
[<]
|
|
GRUPO:
ERTZA MOZAMBIQUE / EUSKADI
ESPECTÁCULO: Otempodiz
AUTOR: Asier Zabaleta
LUGAR: IES AS LAGOAS (PATIO)
HORA: 20'30
DURACIÓN: 25 minutos
TARIFA: Libre
VÓS TENDES O RELOXO, NÓS TEMOS O TEMPO. Dise que en occidente o tempo cóntase, mídese, mércase, véndese, planifícase, organízase: é un ben obxectivo, independente do ser humano, que usamos para facer cousas, pero case sempre nos falta. Porén, en África o tempo vívese, tense, faise: é un ben subxectivo e inherente ao ser humano que se habita e case nunca falta.
O feito de que nazamos nun lugar do mundo concreto marca indefectiblemente a noción que temos do tempo, e aínda que nada é inamovible, dificilmente conseguiremos desprendernos desa primeira noción adquirida. O tempo pódese vivir de moitas maneiras, incluso ser escravo del; pero o que non se pode negar, e isto é válido para calquera recuncho do mundo, é o poder que nos dá a danza, sexa cal sexa a súa orixe, xénero ou condición, para vivir o tempo nun presente absoluto.
DIRECCIÓN: ASIER ZABALETA
ELENCO: Fenias Nhumaio e Deissane Machava.
COREOGRAFÍA: Asier Zabaleta
MÚSICA: Varios
APOIOS: AECID, SORTUTAKOAK (GipuzkoakoDantzagunea), ATLANTIKALDIA
PRODUCIÓN: ERTZA SORKUNTZA ARTISTIKOA S.L.
[<]
|
|