GRUPO:
AULA DE DANZA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
AULA DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO
CÍA. DE DANZA USC LUGO
A CASA VELLA DANZA GALICIA
ESPECTÁCULO: 13ª Xornadas de danza
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 75 minutos
TARIFA: 3€
DIRECCIÓN: NURIA SOTELO
AULA DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE UVIGO presenta Bolero
Elenco: Ainhoa Linaza, Ánxela Arcas, Belén Ferro, Mercedes Ferro, Noelia Estévez, Juan García-Mauriño, Yolanda Pérez, Claudia De Sas, Laura Mojica, Lucía Feijoo, Sira González, Sonia Paz
Creada e dirixida por Nuria Sotelo coas alumnas da Aula de danza
Tomando de referencia o estudo do Bolero de Ravel de Maurice Béjart, e apropiándonos dalgúns dos seus movementos, facemos unha coreografía conxunta baixo as regras dun xogo que permite ás intérpretes compoñer un espazo común.
A AULA DE DANZA DA UDC presenta
… E todo o demais non importa
CreaciÓn e direcciÓn: Alba Fernández Cotelo.
Elenco e co-creaciÓn: Marta Leira, Alejandro Varela, Ana Blanco, Alfonso Louro, Sonia Franco, Remedios Cuba, Aida González, Sandra Martínez, Fabiola Fraga e Paula Silvarrey
Cando es unha persoa pequena déixaste influenciar por todo o que está ao teu arredor. Agora, dende o baleiro, estou á procura de min mesma, para atoparme de verdade. Non querer o convencional. Loitar polo que penso. A base sempre foi ser unha persoa feliz e libre. Quixera aferrarme a ese sentimento e vivir permanentemente nesa canción. Forever trusting who we are... No, nothing else matters.
ESPAZO DE DANZA DA USC - LUGO presenta
Migracións
Elenco / bailarinas: Alicia Collazo, Lucía Fernández, Inés Fernández, Andrea Gil, Ayla Leiva e Sonia L.Pumarega.
Creada por Rosa Acuña
Arranxos musicais: Iria Estévez e Gonzo Piña / Vestiario: Espazo de Danza da USC / Produción: Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC.
DirecciÓn da Aula: Juan Carlos Zahera
A vida como unha viaxe e movemento.
Dende as células do organismo, os animais ata o ser humano, migramos por moitas causas... supervivencia, cambio, adaptación, aprendizaxe e necesidade.
Sen migración non existiría a vida e todos formamos parte desa migración constante.
A CASA VELLA presenta
Tócame e báilote
Elenco: Maria José, Valerie, Getse, Clara e Vivi
Creada e dirixida por Nuria Sotelo
[<]
|
|