PROGRAMA

xoves 9 de maio


 

GRUPO:
CLAUSURA DA 29ª MITEU
PREMIO DA 29 MITEU: Cineclube Padre Feijoo
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00

 

A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio de Ourense, o cineclube «Padre Feijoo».

 

Logo de ser unha referencia cultural na ditadura e a transición, e de sucumbir no seu día ás presións do sector máis retrógrado da sociedade, até o punto de acabar sendo unha entidade marxinal, os xestores souberon revitalizar este foro que é fundamental na nosa cultura, e aglutinar aos amantes da cinematografía ao redor de filmes que non acostuman a chegar ás nosas salas de proxección, pezas fundamentais da sétima arte que de non ser polo tesón e interese cultural amosado polo cineclube, non serían accesibles aos ourensáns. As proxeccións do cineclube «Padre Feijoo» teñen pasado por multitude de salas durante eses anos, desde cinemas comerciais, até salóns de actos públicos (como o teatro Principal) ou privados.

 

O Padre Feijoo é un dos cineclubes máis activos e antigos de Galicia. Aínda sen local propio, mantén unha ampla actividade. A resposta dos cidadáns é a súa asistencia, unha das máis altas do Estado.

 

Din e fan:

“Non hai dúbida de que na nosa cidade a política e a cultura viven tempos escuros, e de que sufrimos puro infortunio con cada goberno municipal, pero o noso camiño é visible: seguir dando luz a máis de cen filmes ao ano nesa nosa pantalla, dispoñible para todos na Casa da Cultura”.

 

[<]


GRUPO:
AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO. GRUPO MARICASTAÑA GALICIA
ESPECTÁCULO:
Desequilibrios
DRAMATURXIA: Fernando Dacosta. Inspirada libremente en Alguén voou sobre o niño do cuco de Ken Kesey
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'15
DURACIÓN: 80 minutos
TARIFA: 3€

O manicomio é o lugar onde van parar as persoas que son diferentes, que non encaixan nunha sociedade que busca o (seu) equilibrio para poder ter todo controlado de cara á produtividade. O tolo, o desequilibrado, é recluído e tratado co fin de recuperarse para esa sociedade: non debe saír dos canons establecidos.

Esta é unha historia de forzas en oposición: as daquelas persoas que teñen o poder e queren perpetuarse nel e as que o cuestionan desde a súa loucura. É tamén unha historia de amizade, de revolta, de represión, de creatividade, de amor, de liderado, de sacrificio. Contén o humor e a morte, a comedia e a traxedia, como a vida mesma. Pon diante de nós os desequilibrios que afrontamos cada día. O lado da balanza no que decidamos poñernos é cousa nosa.

 

DIRECCIÓN: FERNANDO DACOSTA
ELENCO (por orde de intervención): Nerea Rodríguez, Carmen Blanco, Miguel Estévez, Marisol Amoeiro, Lola Fernández, Antonio Praza, Gonzalo Otero, Tatiana González, Iria Losada, Nuria Saco, Irene Pérez, Antonio Miranda, Iván Iglesias          
ILUMINACIÓN, ATREZZO E TÉCNICOS EN XIRA: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra
CARTEL E PROGRAMA: Pablo Otero
FOTOGRAFÍA E GRAVACIÓN: Alba Vázquez
MÚSICA: Renata Codda Fons
ESPAZO ESCÉNICO: Fernando Dacosta
Grazas Á RESA Ourense (Residencia Universitaria As Burgas) e a Ledicia Álvarez "Lele"

 

[<]