PROGRAMA

domingo 21 de abril


 

GRUPO:
BUDIÑO GALICIA
ESPECTÁCULO: Branca vela (CONCERTO)
AUTOR: Budiño
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 19'00
DURACIÓN: 80 minutos
TARIFA: 19€ - 17€

O músico e compositor Budiño publica BRANCA VELA, o seu oitavo álbum, no que busca “descolocar de novo” ao seu público cunha mestura entre a percusión tradicional e unha electrónica “orgánica”, todo isto combinado con algunhas das grandes voces do circuíto galego como son Guadi Galego, Leilía ou De Vacas. Tamén resaltan neste traballo as propias letras das cancións, onde Budiño conta coa colaboración de dúas grandes figuras da literatura galega como son Manuel Rivas e Antía Otero.
O oitavo disco do compositor galego contará cun espectáculo en directo exclusivo que combinará o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces deste país. O novo directo de Budiño promete ser unha gran conxunción de música e baile, do tradicional coa vangarda, é un espectáculo exclusivo e irrepetible, unha oportunidade única.

DIRECCIÓN:BUDIÑO
ELENCO:
BUDIÑO: Voz, gaita, frauta, guitarra, electrónica
INÉS SALVADO: Voz, percusión electrónica e tradicional
ANDRÉS BOUTUREIRA: Percusión tradicional, guitarra, tecla
TANIA CAAMAÑO: Voz e percusión tradicional

FRAN BARCIA: Acordeón, percusión tradicional, teclado


[<]