GRUPO:
COMPAÑÍA DE TEATRO UNIVERSITARIO DA USC-LUGO GALICIA
ESPECTÁCULO: Deixando a pel
DRAMATURXIA: Andrea González
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 19'00
DURACIÓN: 50 minutos
TARIFA: 3€
DEIXANDO A PEL danza entre varios mundos, varias personaxes presas da mesma historia. Xuventude, amor, xénero e frustración serán os protagonistas que tratarán de sobrevivir nunha sociedade deshumanizada.
Non é a sociedade a que está mal? Cal é o límite dunha persoa? Ata onde podemos premer a un ser humano ata que faga o innomeable?
Mocidade, suicidio adolescente, disforia de xénero, frustración e crítica social.
Unha dramaturxia de Andrea González inspirada no personaxe de Sexismundo da obra A vida é soño de Calderón de la Barca; na película ‘Laurence Anyways’ de Xavier Dolan e en múltiples investigacións e relatos anónimos.
DIRECCIÓN: ANDREA GONZÁLEZ GARCÍA
ELENCO: Ana Páez, Aitana López Noyes, Andrea Maseda Prado, Alba Giráldez González, Anna Aycoberry, Camila Besuschio, Mohja Bouferma
TÉCNICO: Zo Vixion
[<]
|