xoves 11 de abril |
|
Cremos no riso e na gargallada; apostamos pola palabra, pola poesía que conmove; practicamos as artes, pintamos os soños, poñémoslle sons ás apertas; regresamos para ser as nenas que fomos e reivindicamos sentir por sentir. Cremos en nós e tamén en ti.
DIRECCIÓN: SABELA GAGO |
|
GRUPO: O sentimento de culpa é un verme que corroe a vida de “Ela”. Foi testemuña dun escuro episodio na infancia do seu amigo Tomás, converténdose no escudo que amorteceu os traumas. O seu silencio é unha condena que a fixo cómplice e o seu presente faise pesaroso polas lembranzas que a atormentan. A través da linguaxe corporal, actoral, visual, musical e do manexo do monicreque, esta obra brinda á espectadora/espectador unha posta en escena cargada de imaxes e sensacións que transitan entre alegrías e mágoas.
DIRECCIÓN: GERMÁN FRASIO MONTEGIMENO |