PROGRAMA

domingo 28 de abril


 

GRUPO:
TRÍO REFUGALLO
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Ritmo Refugallo
AUTORES: TRÍO REFUGALLO
LUGAR: RÚA DO PASEO - PRAZA MAIOR - PRAZA DE SAN MARTIÑO
HORA: 19'00
DURACIÓN: 55 MINUTOS
TARIFA: LIBRE

A animación toma as rúas da vila co Trío Refugallo, unha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de pasacalle que espalla risa e ritmo.

 

DIRECCIÓN: FRAN REI
ELENCO: Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto
[<]



GRUPO:
COMPAÑÍA VAYA
(CHILE - HOLANDA)
ESPECTÁCULO:
Atempo
AUTORES: TIM BELIME & BERNA HUIDOBRO
LUGAR: PRAZA DE SAN MARTIÑO
HORA: 20'00
DURACIÓN: 45 MINUTOS
TARIFA: LIBRE

Atempo é un espectáculo de circo contemporáneo, unha
conmovedora e lúdica peza artística chea de enerxía, humor e poesía. Mestura impresionantes acrobacias de man a man, danza e teatro xestual, presentando unha visión orixinal da evolución do ser humano e a nosa humanidade.
Atempo interpela ao espectador para que se pregunte polo futuro da nosa humanidade. “A través do circo contemporáneo falamos sobre os nosos procesos de evolución convidando ao espectador a retroceder ás bases do que fomos, o que quizais somos e o que nos habita”.

DIRECCIÓN: TIM BELIME & BERNA HUIDOBRO
ELENCO: Tim Belime & Berna Huidobro
[<]