PROGRAMA

sábado 11 de maio


 

CLAUSURA DA XXIV MITEU
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’00

ENTREGA DOS PREMIOS DO XURADO E DO ESPECTADOR "CARLOS COUCEIRO E BEGOÑA MUÑOZ" DA XXIV MITEU

XURADO: composto por Sonia Ferro, Galicia Gutiérrez 'Gali', Raquel Penín, Eva Tato, Paco Daza, Conchi González, Alicia Fraga

ENTREGA DO PREMIO Á MELLOR RESOLUCIÓN TÉCNICA “SUSO DÍAZ” DA XXIV MITEU
XURADO: composto polos técnicos do Auditorio e do Teatro Principal

ENTREGA DO PREMIO DA ORGANIZACIÓN DA MITEU
[<]


GRUPO:
MARICASTAÑA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse

AUTOR: DRAMATURXIA DE FERNANDO DACOSTA
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 82 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Un chibo expiatorio ao que pagan para ser iso, un chibo expiatorio.
Unha nai que non deixa de parir e carga ao fillo maior coa súa prole mentres ela fabrica máis.
Estrañas explosións nuns grandes almacéns que atraen a máis clientes a pesar das mortes.
Un policía sagaz, outro policía implacable, outro que se disfraza e unha morea de polis inútiles.
Vellos xonquis aos que hai que desintoxicar.
Unha xornalista que vive por e para os seus artigos.
Unha irmá fotógrafa.
Outra irmá visionaria.
Os irmáns pequenos que precisan das historias do irmán maior.
Unhas rúas multiculturais, perigo e disparos, sospeitas, iterrogatorios, desaparicións, amores e calentóns.
Historias entre o humor negro, o cine negro e a filosofía da vida, dunha vida fóra do común, afastada tanto do cotián que se volve entrañable.

 

Inspirada nos primeiros libros da saga Malaussène de Daniel Pennac

 

DIRECCIÓN: FERNANDO DACOSTA

ELENCO: Candela López, Irene Pérez, Caterina Vázquez, Héctor Martínez, María Novoa, Raquel Fernández, Tatiana González, Nelly Formoso, Chelo Cortiñas, Lola Fernández, Óscar Castromán

Iluminación, atrezzo e técnicos en xira: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño

Vestiario e complementos: Tegra
Cartel e programa: Pablo Otero

Música: Renata Codda Fons

Axudante de dirección: Marcos Vázquez

Escenografía: Fernando Dacosta

Equipo docente de Sarabela Teatro: Elena Seijo, Fina Calleja, Sabela Gago, Flor Figueroa, Fernando Dacosta
Docente doutros cursos na Aula 18/19: Sante Cortegoso
Técnico de Cultura do Campus de Ourense: Filemón Rivas
Vicerreitora do Campus de Ourense: Esther de Blas
[<]