GRUPO:
9º ENCONTRO DE DANZA INTERUNIVERSITARIA (GALICIA)
DIRECCIÓN DO ENCONTRO: BEGOÑA CUQUEJO (TRASPEDIANTE)
COLABORA: CORPO A TERRA
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 22'30
DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 3 €
Coreografías creadas por grupos de danza galegos, universitarios ou con vocación docente. A nova danza galega.
GRUPO E PEZA:
* CERTAME DE ARTES DO CORPO D-OU-TRAS (Optan a premio do público):
Estas xornadas de danza ( 9º edición) van acompañadas dun certame que permite presentar pezas de formato curto de artes do corpo (por 4º ano) a compañías de danza. Os premios do público e premios por participación irán acompañados de premios outorgados polo festival Corpo(a)terra e supoñen unha beca para un curso intensivo de verán, en colaboración coa Universidade de Vigo, Campus de Ourense.
Certame sección profesional:
* MIKEL ARITEGUI con In between II, dúa sin ella
Dirección e interpretación: Mikel Arístegui
Berro feminista que xoga cos roles masculino e feminino na danza e na sociedade
Crea.Te.
Certame sección emerxente:
* PABLO CACHAFEIRO E SANTIAGO VILAR con 9Regras da espada a dúas mans
ELENCO: Pablo Cachafeiro e Santiago Vilar. Voz en Off: Ledicia Álvarez
Interpretación dunhas regras de manexo da espada, perdidas antes de 1528 entre papeis burocráticos. Unha especie de coreografía ou danza da morte do século XVI, perdida no tempo
Certame sección profesional:
* CLARA FERRAO con Miñaxoia
Dirección: Maximiliano Sanford Monte
Interpretación: Clara Ferrão Diz
Un corpo, unha vibración, un cruxir, unha fractura. Non me destrúe.
Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansanzo, só o movemento inesgotable que me permite recoñecer onde me atopo.
Certame sección emerxente:
* PABLO MEIXIDE con O maletín
Artista: Pablo Meixe | Director e coreografía: James Keylon
* MIRIAM CENTRO DE DANZA (OURENSE) con SOS
ELENCO: Sara Moure, Clara Nieto ,Uxía Nieves, Bárbara Pereira
DIRECCIÓN / COREOGRAFÍA: Miriam Rodríguez
A incidencia abusiva do home na natureza.
* TICS - COLECTIVO ESCÉNICO (OURENSE) con Arrítmicas
ELENCO: Beatriz Cid, Elvia Gago, Natalia Gómez, Patricia Varela, Sara Fondevila e Rut Reza | DIRECCIÓN / COREOGRAFÍA: Patricia Varela Díaz
As Arrítmicas son un equipo composto por 6 personaxes atónitas, descoordinadas e tan rudas como ríxidas. Expulsadas de toda competición, nunca conseguiron demostrar mestría. Aproveitan calquera evento para facer a súa aparición cunha peculiar posta en escena que desborda expresividade e provocan no público todo tipo de sensacións contraditorias.
* “D-OU-TRAS” AULA DE DANZA CAMPUS DE OURENSE con Desbandada en si bemol
ELENCO: Belén Ferro, Mercedes Ferro, Noelia Camón, Alicia Fraga, Sira González, Rosa Mojón, Sonia Paz, Carlos Quintas, Noelia Rodríguez, Daniele Tommasini, Veruska Castello, María José Castro, Mónica Iglesias
DIRECCIÓN / COREOGRAFÍA: Nuria Sotelo
Orde dentro do caos. No Vento. Corpos conectados. Sinfonía de singularidades
[<]
|