mércores 8 de maio |
|
GRUPO: Monólogo baseado en feitos reais sobre un ser humano en condición de rexeitamento. Una Ser humano que sofre maltrato e indiferencia non só pola súa condición de inmigrante pobre, non só por ser nicaraguana, senón tamén por ser MULLER. Unha inmigrante chamada María Espinoza, interpretada por Cristina Bruno Catania (como unha homenaxe á memoria de César, a súa dona decidiu revivir a obra transformando o personaxe principal nunha muller), fala con transparencia, humor e profundidade cun Cristo Crucificado. Amosa o rostro humano dunha migración obrigada, o terrible desarraigamento, a desigualdade de xénero, o amargo desconsolo, as arelas, a soidade, a alegría efémera, o amor, as carencias, a crueldade, a esperanza e a fe. La Nica é unha produción de Teatro La Polea, agrupación artística comprometida cunha cultura que promova a dignidade humana e a paz. Cada un dos proxectos e personaxes de Teatro La Polea é o resultado de procesos de investigación, realizados coas ferramentas que brindan as ciencias sociais e conteñen, necesariamente, propostas que fomentan o recoñecemento e o respecto pola condición humana e a biodiversidade. Esta obra forma parte dese proxecto escénico a favor das comunidades e grupos humanos que desexan transmitir valores de xeito creativo, dinámico, entretido e divertido. DIRECCIÓN: CÉSAR MELÉNDEZ. Adaptación de CRISTINA BRUNO |
![]() |
GRUPO: O tempo pasa. Estamos sós. Nada acontece, nada muda, nada se permite. O sol nace e as navallas na gorxa non deixan saír ás flores. Os idiotas rin e os reis comen. Estamos presos. Xa nada se sente. O corpo ten que soportar. Somos criaturas maltratadas, estamos esmagados por dentro, e é por iso que algúns de nós berramos á noite.
DIRECCIÓN: RUI PIRES |
![]() |