PROGRAMA

sábado 4 de maio


 

GRUPO:
TEATRE DE PAS. UNIVERSITAT DE LLEIDA (CATALUNYA)
ESPECTÁCULO:

El pueblo escogido

AUTORÍA: CREACIÓN COLECTIVA
LUGAR: CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN (EDIFICIO DE FERRO)
HORA: 19'00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €


Finalmente, alcanzouse unha solución negociada ao conflito secesionista: planéase erixir a nova República Catalana na aldea de Ulldebou en forma de parque temático.

 

DIRECCIÓN: EMILI BALDELLOU
ELENCO: Amanda Pujol, Ricard Castillo, Javier Porras, Carles Llusà, Oriol Marco, Mario Aguilar, Beatriz López de Quintana, Maria Fernanda Castillo, Giovanni Montena, Núria Terés, Gemma Torrens, Jordi Sorribes
[<]


GRUPO:
PÍSCORE (GALICIA)
ESPECTÁCULO:

Concerto con fusión

AUTORES: CREACIÓN PROPIA
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 55 MINUTOS
TARIFA: 5 €

Comedia musical
Logo de cen funcións co seu primeiro espectáculo
Concerto Singular (e Plural) e dos premios acadados, Culturactiva S. Coop. Galega e a compañía Píscore presentan a súa segunda montaxe, Concerto Con Fusión.
Mantendo a anterior e exitosa liña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos musicais: música latina, rock, reggae, pop ou música disco.
Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao escenario sen os seus instrumentos. O descubrimento dunha marimba fai que, o que podería ser un desastre, pase a ser un divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, aos poucos, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible habilidade para crear músicas (con)fusionando estilos e os máis impensables instrumentos.

 

DIRECCIÓN: FRAN REI

ELENCO: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas

Composición musical e arranxos: Adrián Saavedra
Coreografías: Sónia Míguez
[<]