PROGRAMA

domingo 5 de maio


 

GRUPO:
GEPPETTO. AULA UNIVERSITARIA DE TEATRO INFANTIL DO CAMPUS DE OURENSE
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Aprendiz de bruxa

AUTORA: DRAMATURXIA DE ELENA SEIJO
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 19'00
DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €


Recomendada a partir de 4 anos
As bruxas sabias están chegando ao final do seu
mandato. Os seus poderes desaparecerán daquí a pouco e por iso teñen que atopar una boa e digna sucesora. Para iso mandarán ao seu sobriño, o trasno Damián, co libro dos feitizos a buscala. Pero na súa misión aparecerán dificultades porque a maga malvada está de volta na terra e tamén quererá facerse co libro para ser a dona do mundo.

 

DIRECCIÓN: ELENA SEIJO
ELENCO: Montse Pascual, Cristina Míguez, Elva Vega, Isabel Romero, Óscar Castromán, Candela López, Amada Saa, Carmen Aranda
COLABORACIÓN especial: Marisol Delgado
Deseño de son: Rubén Dobaño
Deseño de luz: José Manuel Bayón
Técnicos de montaxe: José Manuel Bayón e Rubén dobaño
Vestiario: Geppetto e Sarabela Teatro
Espazo escénico: Sarabela Teatro e Elena Seijo
[<]


GRUPO:
AULA DE TEATRO DE VIGO
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Círculo

AUTOR: SUSO DE TORO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 3 € (AFORO REDUCIDO)

En Círculo falamos da esencia do ser humano e desa
volta a nós mesmos, dese recoñecérmonos no espello que é o “outro”, e no espello do outro que somos nós. Falamos tamén da vida. Desas vidas que comezan e vidas que rematan, vidas que se entrelazan, ecos de vidas que se escoitan a través do tempo, a través do espazo.
Como di Nano “A vida non é como un programa de televisión, todo moitas parvalladas e esas risiñas que poñen artificiais e todo moito no seu sitio. A vida é outra cousa, que nin se pode falar dela, que che queima a lingua se queres falar dela e que a túa boca non pode dicilo (...) A xente quérelle facer unha cirurxía estética á vida (...) O teatro ten cousas que non ten ningunha outra cousa, esa como dignidade de plantarse sen escapar a correr”.

DIRECCIÓN: SONIA RÚA e CASILDA ALFARO

ELENCO: Antón Abal, Natalia Sías, Laura Pousada, Iago López Magdaleno, Rodrigo Rodriguez Gutierrez, Rosa Mª Molares, Vanesa Ferreira, Miguel Rodriguez carretero

ESCENOGRAFÍA: Sonia Rúa e Casilda Alfaro
VESTIARIO: Sonia Rúa

ILUMINACIÓN: Salvador del Río
[<]