PROGRAMA

martes 30 de abril


 

GRUPO:
AULA DE TEATRO DA USC. SANTIAGO. COMPAÑÍA DE TEATRO
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour

AUTOR: ROBERTO SALGUEIRO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 47 MINUTOS
TARIFA: 3 €

“Se algo caracteriza o medo é a súa capacidade de mimetismo. Coma os insectos que se confunden entre as follas das árbores ou os roedores que, inmóbiles, pasan desapercibidos entre a herba dos prados, o medo coñece perfectamente o medio onde se desenvolve e pon en marcha as estratexias necesarias para non ser recoñecido”.

DIRECCIÓN: ROBERTO SALGUEIRO
ELENCO: Lara Pouso, Xiana Fole, Antía González, Inma Fernández
Asistencia técnica: RTA
Cartel e programa: Gerardo Fuentes
AGRADECEMENTOS: Xiana Vilas, Javier López, Fernando Reyes, Pablo Sampedro,
Icía Rodríguez, Roi Méndez
[<]


GRUPO:
ARMAZÉM AÉRIO COM DANCE 21+
(PORTUGAL. LISBOA)
ESPECTÁCULO:
A pele que há em mim

AUTOR: EDSON CARVALHO
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 21'30
DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 3 €

A pele que há em mim é un espectáculo que une a danza coas acrobacias
e promove a inclusión de persoas con capacidades diversas. Une acróbatas profesionais cun elenco composto por intérpretes con trisomía 21 entre outros. O circo sempre foi inclusivo e este espectáculo reafirma esa condición.
“E o teu corpo tocou no recanto do meu e unha danza acordou...” o meu corpo acordou e a consciencia de todo á miña volta. A tenrura do toque, a levidade do movemento suspenso no ar, esa pel que habita en min habita en ti e toca a todos. A nosa pel como superficie de sentimentos e sensacións, mais principalmente de proximidade e igualdade.
Son tantas as diferenzas que nos unen... que ata parecemos un só.
E só non podo estar, envólvote na miña pel e na túa pel vou transportarme para o alto e ocupar o “espazo” o ar e todo o que nos rodea. A pel que nos toca e toca a todos.

DIRECCIÓN: EDSON CARVALHO
ELENCO: Antonio Morgado, Alba Núñez, Ana Monzelo, Afonso Boura, Beatriz Berger, Edson Carvalho, Diana Silveira, Luiz Pezinho, Ricardo Magalhães, Joana Cruz, Joana Leão, Lea Funche
Deseño de Luz: Deivison Deorgenes
O.P. de Música: Roberto Júnior

Figurino e Maquillaxe: Armazém Aér(í)o
Proxección: Michael Almeida
Música: Marcia
[<]