PROGRAMA

mércores 1 de maio


 

GRUPO:
COmpAÑÍA DE TEATRO DA USC. LUGO
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Casa de ilusións
AUTORA:
PALOMA LUGILDE. A partir de o balcón de jean genet
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 19'00 e 21'30

DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 € (AFORO REDUCIDO)

Benvidos á nosa casa de ilusións: o teu pracer depende de min.
Espelliño, contéstame, acaso vin eu descubrir aquí o mal e a inocencia?
A vostede a realidade dálle medo?
A revolución é unha epidemia.
Xa non son máis que a imaxe do que fun.
E eu non me tiña máis que a min e non sería outra cousa que eu mesma.

DIRECCIÓN: PALOMA LUGILDE
ELENCO: Paula Seoane, Pablo Fernández, Ramón Fernández, Antonela Sturla, Alejandro Muñoz,
Miguel Torres
Cartel, programa, foto: Sabela Eiriz
Deseño Escenografía e espazo sonoro: Paloma Lugilde
Deseño luces: Paloma Lugilde e Alfredo Sarille
Equipo Técnico: Alfredo Sarille e David Cotem (Asasonlu)
Agradecementos: Paz Fernández e Escola Palimoco Teatro Danza
[<]


GRUPO:
COMPAÑÍA DE TEATRO DE LA UPNA. PAMPLONA
(NAFARROA)
ESPECTÁCULO:
Algún amor que no mate
AUTORA: DULCE CHACÓN
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Prudencia é unha muller que loita por manter viva a chama do amor pero esa pelexa remata por minar o seu sorriso, a alma, o sentido e as gañas de vivir, ata o punto de que inmersa na súa rutina séntese incapaz de asumir a realidade que está vivindo. Dulce Chacón desdóbranos e multiplica o personaxe de forma maxistral facéndonos ver o que a mesma Prudencia non é quen de ver. É o retrato dunha realidade que sofren moitas mulleres, dunha sociedade cada día máis cega que segue matando mulleres polo feito de selo. É o retrato da historia de Prudencia, da de calquera de nós ou da de todas porque realmente nesta historia non é tan importante saber quen é a sogra, o representante ou a curmá, como saber que Prudencia somos todas.

DIRECCIÓN: ÓSCAR ORZAIZ RESANO
ELENCO: Rosa Beunza, María Bravo, Karen Errea, Paula Puyol, Itziar Rubio, Álvaro Carceller, Santiago Jiménez, Natxo Lapieza, Oleg Pafik, Pablo Zorrilla Echeverría
Técnico: Francisco Marcén Goñi
[<]