PROGRAMA

luns 5 de xullo


 

GRUPO:
AIMAR & CIA.
(EUSKADI-ARXENTINA)
ESPECTÁCULO:
Etxea / Casa

AUTORÍA: AIMAR & CIA
LUGAR: POLIDEPORTIVO DO COLEXIO MESTRE VIDE, AS LAGOAS (CAMBIO DE UBICACIÓN POR CAUSA DA CHUVIA)
HORA: 20’00
DURACIÓN: 45 MINUTOS
TARIFA: LIBRE CON AFORO CONTROLADO

 

Todos os seres humanos precisamos un espazo que sentir e facer propio, un fogar. En ETXEA / CASA / HOME o protagonista é un estraño personaxe que se enfronta ás súas pantasmas nunha viaxe de crecemento persoal para construír un niño propio. Unha historia sinxela sobre unha viaxe fantástica, unha homenaxe ao fogar de acollida. Empezar de cero, botar novas raíces, atopar novas realidades, facerse a un novo entorno. Sentimentos de nostalxia, euforia, calidez…

Un só de Diego Aimar, no que se mesturan as técnicas de clown, mástil, acrobacia e equilibrios tecendo unha sutil rede de emocións.


DIRECCIÓN: AIMAR & CIA

ELENCO: Diego Aimar

APOIO Á CREACIÓN: Gorka Ganso, Aritza Rodríguez
ASESORAMENTO MÁSTIL CHINÉS: Jeremías Faganel
ESCENOGRAFÍA: Iñaki Ziarrusta, Iñaki Etxeandía, Truca Rec
FOTOGRAFÍA: Gorka Bravo
AUDIOVISUAL: ClackStudio
DESEÑO WEB: Gloria Díaz
PRODUCIÓN: Isabel Jiménez

[<]


GRUPO:
GRUPO ESTABLE DA AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE BURGOS
(CASTILLA Y LEÓN)
ESPECTÁCULO:
Tratado para saber vivir para uso de las viejas generaciones

AUTORA: MARÍA VELASCO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 21’00
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 3 €

 

Somos produto do pasado, aínda que descoñezamos a historia, os fitos e as loitas dos que nos precederon. Aqueles que tamén quixeron, no seu día, cambiar o mundo e como herdanza deixaron o que temos agora. Obviamente algo saíu mal. A Historia é precisa para entendérmonos, para saber de onde vimos. Este exercicio de memoria diante do século XXI no que estamos inmersos con páxinas en branco que han escribir principalmente os membros desta nova xeración Z. Di Gabriel Albiac: A memoria ten certas resistencias a aceptar un pasado que se quixo a si mesmo como esencia do futuro e agora só é fábrica de melancolía.

Tratado para saber vivir para uso de las viejas generaciones, é un exercicio de memoria impresionante que nos enfronta á nosa propia realidade actual. A vella Europa, a cuestionada España democrática, os clichés tan manidos, os pousos dunha moral católica, a nosa actitude perante o emocional... Todas as loitas e soños dos últimos 50 anos do século pasado aparecen reflectidos na obra de María Velasco.


DIRECCIÓN: JUAN LUIS SÁEZ

ELENCO: María Bernal, Miguel Chico, John Halnan, Verónica Larrubia, Javier San Eustaquio, Elena García e Miren Fernández

VOCES GRAVADAS: Ana I. Roncero, Miren Fernández e Juan Luis Sáez
COMPOSICIÓN DE IMAXES E SON: Javier San Eustaquio
CARTEL: María Bernal
TÉCNICO: José Antonio Pereda

AGRADECEMENTOS: Centro de Creación Escénica La Parrala e Ronco Teatro
[<]