PROGRAMA

sábado 10 de xullo


 

GRUPO:
EL FEDITO (ARXENTINA)
ESPECTÁCULO:

Oyún

AUTOR: FEDERICO MENINI
LUGAR: PRAZA DA BIBLIOTECA
HORA: 20'00
DURACIÓN: 45 MINUTOS
TARIFA: LIBRE CON AFORO CONTROLADO

 

Oyún é un espectáculo único e innovador, para todos os públicos, que combina humor, orixinalidade, ritmo e unha depurada técnica de malabares.
Quen ou que é a escultura? O malabarista ou o artefacto creado?
Que é a estabilidade? Cal é o límite?
Estas preguntas conducen á procura do máis difícil aínda, do equilibrio perfecto, cara a arquitectura dos malabares, a harmonía entre todos os elementos: olas, culleres, cordas, pelotas.
En Oyún (do turco 'xogo') todo xira ao redor das olas e outros elementos cotiáns e a medida que vai construíndo un artefacto en equilibrio, o malabarista vai creando o espazo, debuxando no aire, e, sobre todo, xogando e desafiando a gravidade.


DIRECCIÓN: FEDERICO MENINI

ELENCO: Federico Menini

MIRADA EXTERNA: Lucas Escobedo e Raquel Molano
DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Manolo Ramírez
DESEÑO E GRAVACIÓN DE MÚSICA: José Monreal
VESTIARIO: Adriana Jorge

ESCENOGRAFÍA: Federico Menini

[<]


GRUPO:
LA RED TEATRO (EUSKADI)
ESPECTÁCULO:

Los olivos pálidos

AUTOR: JUAN MANUEL CANO GUTIÉRREZ
LUGAR: LICEO
HORA: 21'00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: LIBRE CON AFORO CONTROLADO

Teatro, poesía e música en directo.
Federico García Lorca continúa sendo unna atractiva e máxica figura da cultura universal, un autor convertido nun símbolo do absurdo das guerras. A nova montaxe de La Red Teatro fai posible un reencontro, máis aló da vida, entre o poeta e dramaturgo con Frasquita, a muller da que naceu o personaxe de Bernarda Alba. Hai contas pendentes que resolver, máis alá do enfrontamento entre dúas formas de ver a vida. 'Los Olivos Pálidos' é unha recreación do universo lorquiano, dende a súa nenez ata o seu asasinato, un percorrido coloreado coa guitarra, o piano e as emocións máis humanas.

 

DIRECCIÓN: MIKEL AREITIOAURTENA

ELENCO: Juanma Cano, Maite Lorenzo, Nerea Ariznabarreta, Enrique 'El Vaka'

ESCENOGRAFIA: La Red Teatro
MAQUILLAXE: Maider Albizu
DESEÑO ILUMINACIÓN: Juanjo Pérez
CARTEL: Natalie Hickey
[<]