ir arriba
 

GRUPO MASTRETTA

PROCEDENCIA CANTABRIA/MADRID

ESPECTÁCULO VIVAN LOS MÚSICOS

LUGAR AUDITORIO
HORA 20’30
TARIFA 8 €

FICHA ARTÍSTICA
ACTORES
MARINA SORIN (violonchelo), DIEGO GALAZ (violín, violín trompeta), PABLO NAVARRO (contrabaixo), MIGUEL MALLA (saxo tenor, barítono e clarinete), MARCO CRESCI (clarinete, clarinete baixo e saxo alto), DAVID HERRINGTON (trompeta), LUCA FRASCA (piano e órgano), PABLO NOVOA (guitarra eléctrica e mandolina), RICARDO MORENO (percusión e batería), e NACHO MASTRETTA (clarinete, acordeón e harmónica).

¡Vivan los músicos! é moito máis que o título do novo disco de Mastretta.
É toda unha declaración de principios. As composicións escritas para a nova formación tratan de potenciar a personalidade de cada músico e a improvisación colectiva, de xeito que a través do diálogo e a colaboración persoal transcenda a partitura en aras da sorpresa e a emoción, que alcanza en directo a súa máxima expresión. Música rabiosamente viva, que crea paisaxes novas que flúen da mañá a alborada mentres se celebra e se bebe
e se baila e se ama. Música chea de especias, de ondas, de brisa e de galopes. Estimula este son todos os sentidos, de xeito que cómpre non o oído, senón
a imaxinación, para entrar plenamente en el, para deixarse levar e permitir
que as súas pezas musicais actúen dentro de nós coa precisión dun reloxo
que non marca horas, senón emocións. A amizade que une aos músicos é o segredo que converte cada concerto nunha festa.

GRUPO MARICASTAÑA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE OURENSE

PROCEDENCIA OURENSE

ESPECTÁCULO HIDE (OCULTO)

AUTOR DRAMATURXIA DE FERNANDO DACOSTA INSPIRADA EN "DR. JEKYLL E MR. HYDE" DE STEVENSON
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 23'00
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
María Díaz; Silvia Domínguez; Maica Corbal; Marta Pérez; Juan Méndez; Ana Álvarez; Raquel Álvarez; Elena Balboa; Carol Casares; Andrea Cid; Paco Daza; Natalia Forjan; Rober Montesinos; Patricia Ortigueira; Ledicia Piñeiro

ESCENOGRAFÍA - LUZ
SUSO DÍAZ
VESTIARIO - COMPLEMENTOS
TEGRA
DESEÑO MUSICAL
FERNANDO DACOSTA
CARTEL E PROGRAMA
PABLO OTERO
EFECTOS PUL
NATALIA FORJAN
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
FERNANDO DACOSTA

Hide (Oculto) é a terceira parte da triloxía do Monstro (Totem -2004- Frankenstein -2005-) Se na primeira parte da triloxía o Monstro é unha invención e na segunda o Monstro é creado, nesta parte o Monstro sae de dentro. Hide é un "thriller" teatral, que como tal quere asustar, estremecer e emocionar... Nunha gran cidade un médico chamado Jekil está investigando
a posibilidade de crear outro eu que non cargue co peso dos remorsos. Procura o ideal doutra vida entregada a aquilo que a súa posición social e
a moral imperante non lle permite facer. Unha Irmandade de persoas poderosas achéganse a Jekil cun pacto O seu colega, Lanion, non quererá saber nunca máis del por algo que non conta Unha xuíza, Uter, investiga estraños casos de mulleres asasinadas de xeito brutal mentres recibe un estraño encargo do seu amigo Jekil Unha tola conta a historia da desaparición da súa filla Amiel e dun Príncipe, pai da criatura Un policía e un médico collen o caso das mulleres asasinadas Un Príncipe ten que casar e lavar a cara da monarquía máis poderosa do mundo... Un lugar onde todo está oculto, todos
os personaxes gardan algo, mentres un ser descoñecido asasina por causas que ignoramos. A loita polo poder, a necesidade de poder vivir e amar abertamente... HIDE (oculto))