ir arriba
 

GRUPO TERRAH CULTURAL

PROCEDENCIA BRASIL

ESPECTÁCULO O ENCONTRO DE CORDÉIS

LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
FICHA ARTÍSTICA
Marcelle Stefany, Renan Vianna, Anderson Martins, Vanessa Bueno

SON E ILUMINACIÓN
Patrícia Helena Bueno
DESEÑOS
Marcelle Stefany, Renan Vianna, Fernando Castro, Vanessa Bueno
FOTOGRAFÍA
Simone Del Campo
PRODUCIÓN
Rodrigo Miallaret
DIRECCIÓN
RODRIGO MIALLARET

A peza pasa nunha pequena cidade do nordeste do Brasil e conta a historia
de dous poetas de cordel que disputan o mesmo lugar de traballo nunha feira. Para resolver a situación fan unha poxa para ver quen é o mellor contador de historias. A poxa realmente comeza cando unha parella turista chega e pide que cada un conte unha historia de cordel. Nesta disputa moitas cousas pasan e son incluso emocionantes. Unha peza que rescata os valores e tradicións dunha cultura tan rica e dun pobo batallador, que nunca desiste de intentalo.


GRUPO AULA DE TEATRO DE BURGOS

PROCEDENCIA CASTELA

ESPECTÁCULO CONSTRUYENDO A VERÓNICA

AUTOR JERÓNIMO CORNELLES, JAIME POLICARPO, PATRICIA PARDO, ALEJANDRO JORNET
LUGAR AUDITORIO
AFORO LIMITADO 60 PERSOAS
HORA 23’00
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
Eva Camarero; Daniel Garabito; Andrea González; Jorge Núñez; Elena Peña; Aida Pérez; Eduardo Bartolomé

VOZ
Juan Luis Sáez
ESPAZO ESCÉNICO
Nicolás Alonso
MÚSICA
Daniel Garabito e Cheché Colé
Deseño gráfico
Gregorio Méndez
DIRECCIÓN
JUAN LUIS SÁEZ

A partir dunha noticia publicada na prensa sobre a aparición dunha muller morta na area da praia, núa, sen pegadas aparentes de violencia e cun
corpo que ninguén reclama, comeza unha viaxe entre pequenas pezas do quebracabezas da vida de Verónica. Arco da vella cunhas cores que van compoñendo o xogo de luz e sombra preciso para que o espectador
complete a Verónica coas pinceladas dos seus propios desexos, os seus medos e a súa verdade; reflexos dos desexos, medos e verdades dos personaxes que se achegan a cada unha das mesas a contar a súa vivencia
e relación coa morta. Verónica foi, era ou puido ter sido. Pero, en realidade somos como cremos que somos? ou, somos como nos ven, nos pensan,
soñan ou anhelan? "Os claroscuros e os matices veranse debuxados nas relacións persoais de cada espectador, que buscará á súa vez a esa muller,
a esa Verónica que construirá ao seu xeito de forma irremediable, cos seus recordos, cos seus propios desexos e porque non, quizais ata á súa semellanza", di Ita Aagaard sobre a proposta que esta obra teatral ofrece.