
GRUPO AULA UNIVERSITARIA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE "GEPETTO)
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO RESCUITA E O REINO DOS SENTIMIDOS
LUGAR CAMPUS-CAPELA
HORA 17'00
AFORO LIMITADO 50 PERSOAS
TARIFA 2€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
Carlos Lesmes, Ana Álvarez, Galicia Gutierrez “Gali”, Toni Bañobre, Manoli Casal, Raquel Penin, Beatriz Viñas, Eva Tato
EQUIPO ARTÍSTICO
Vestiario Tegra
LUZ Suso Díaz
SON Renata Codda Fons
ESCENOGRAFÍA e TÉCNICOS de luz e son Juso Díaz e Rubén Dobaño
VÍDEO Alba Vázquez
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN ELENA SEIJO
No reino dos sentimidos celébrase unha reunión do consello supremo. Algo retrasa as votacións. Vermite, o encargado de marcar os tempos, explica aos seus membros que a súa neta Rescuita caeu á Terra, onde corre perigo de desintegrarse en fume se non é rescatada antes da noite. Encargan esta misión a Fascot e Quispet, o sabio dos sentidos e a sabia dos sentimentos, pois saben que na Terra moitas veces aos nenos non lles deixan expresar os seus sentimentos. Rescuita está afeita a facelo e poden interpretala mal.

GRUPO GRUPO DE TEATRO DO OPRIMIDO (GTO)
PROCEDENCIA BISSAU
ESPECTÁCULO DESEJO DE MÂE
AUTOR ARTUR SCHNITZLER
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 19'00
TARIFA 2€
FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA
Buia Baldé, José Carlos Lopes Correia, Serando Camara Baldé, Edita da Silva, Braima Edy Sambú.
Houbo unha meniña linda, á que lle gustaba a escola e pasaba todo o tempo a estudar. A nai tiña esperanza en que un día ela puidera ser unha Doutora.
Ela tiña un mozo, pero a nai non o sabía. O rapaz tiña moitas mozas en diferentes barrios de Bissau, por iso a amiga da meniña sempre lle aconsellaba usar o preservativo. Ela estaba disposta pero o mozo usaba
o seu poder, e sempre a convencía de non usalo. Ao final, caeu na tentación
e colleu unha doenza. A nai púxose furiosa coa enfermidade da filla e levouna ao Hospital, e, sen esperar o resultado médico, recurriu novamente ao Djambacus (Feiticeira).

GRUPO BAMBALINAS ASESINAS
PROCEDENCIA MADRID
ESPECTÁCULO MATÉ A UN TIPO
AUTOR DANIEL BALMARONI
LUGAR AUDITORIO
HORA 21’00
TARIFA 8€
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ELENCO
Sergio Pazos, Tonino, Aisha Wizuete, Anaïs Yerra
DIRECCIÓN JUAN CODINA
Bambalinas Asesinas é unha ONG sen ánimo de lucro que se crea para todo
o contrario. A pesar de todo a nosa misión no planeta terra é dar felicidade e riso a quen máis lle cómpre. Utilizamos o famoso SOMA de "UN MUNDO FELIZ" para conseguir que a xente entre no teatro pensando que así van esquecer os seus problemas e o problema é que o conseguimos. Agradecidos os humanos dannos diñeiros que anteriormente trocaran por unha entrada e todos tan contentos. Nin bambaleamos nin matamos... OU SI?
"Maté a un tipo" é unha comedia negra que se converte nun drama surrealista ata que un sicólogo empeza a afondar nas relacións desta familia de clase media onde o hábito de matar acaba por ser un auténtico vicio.
|