|

GRUPO AULA DE TEATRO DE SANTIAGO
PROCEDENCIA GALICIA
ESPECTÁCULO XOGOS Á HORA DA SESTA
AUTOR ROMA MAHIEU
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2 €
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
REPARTO
Susana Begoña G. Méndez
Alonso Alberto Martínez
Andrés Ramón Insua
Claudia Beatriz Méndez
Carolina Natalia Ibáñez
Toñi Ana M. Ponte
Escenografía Carlos Alonso
Vestiario Belén Pichel e Carlos Alonso
Musica Samuel Alonso
Iluminación Afonso Castro
Axudante de Dirección Belén Pichel
TRADUCIÓN, ADAPTACIÓN E DIRECCIÓN
CÁNDIDO PAZÓ
Disque co xogo, os nenos e todos os mamíferos en idade infatil, practican
os roles dos adultos, as habelencias necesarias para se enfrontaren á vida que o futuro lle haberá de botar enriba. Xogos á hora da sesta, un texto apresentado aquí nunha versión-adaptación reducida, foi escrito pola dramaturga arxentina de orixe polaca, Roma Mahieu durante a ditadura do
seu país, mais a metáfora que deseña é apetecible a todo tempo e circunstancia porque, dun xeito máis patente que latente, máis brutal ou suavizado, o xogo da vida é sempre un xogo de dominio e sumisión,
rebeldía e complicidade, implicación e inocencia, inhibición ou inconsciencia… Concibido pola súa autora para ser interpretado por
adultos que xogan o neno que levan dentro, este texto, que chegou a estar prohibido no seu momento, recibiu numerosos premios, sendo un dos máis representados e versionados no espazo teatral iberoamericano.
|