ir arriba
 

GRUPO EXCEPTE TEATRE

PROCEDENCIA BALEARES - MANACOR

ESPECTÁCULO EL MALALT IMAGINARI

AUTOR MOLIÈRE
LUGAR TEATRO PRINCIPAL
HORA 20’30
TARIFA 2€

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
REPARTO
Purgana (médica de Agamont): Margalida Alajarín
Diable (filla de Agamont): Montse Amer
Tonkla (criada de Agamont): Maria del Mar Hervás
Diafrossus (sobriño de Purgana): Marc Mestre
Blèntica (esposa de Agamont): Kelly Martínez
Agamont (enfermo imaxinario): Joan Carles Rodríguez
Clutale (estimado de Diable): Macià Vives

ESCENOGRAFÍA
Excepte Teatre e Catalina Amengual
VESTIARIO
Aina Cabezuelo
DESEÑO VESTIARIO
Neus Nadal
FOTOGRAFÍA
Estudio 9
CO-PRODUCIÓN
Teatre de Manacor.
ADAPTACIÓN E DIRECCIÓN
Antoni Lluís Reyes

A historia vira ao redor de Agamont, vello rabudo que cre estar doente e que ignora todo aquilo que pasa ao seu redor. Quere casar á súa filla Diable con Diafrosus, mozo parvo e simple a quen ela non quere, xa que o seu corazón é para Clutale, o seu Mestre de música. A culpable de todo isto é Blèntica, a segunda muller de Agamont, que casou de forma interesada para conseguir a fortuna do enfermo e que conta coa axuda da súa amiga inseparable, a médica Purgana, quen contribúe á tolemia de Agamont recetándolle medicamentos que só axudan a morrer a modo. E movendo todos os fíos da historia está Tonkla, cómplice de Diable e protectora do seu señor, Agamont. O enfermo que vos propoñemos está moi cambiado. Mantivemos boa parte dos personaxes da obra orixinal e o texto quedou case intacto, só con algúns retoques. É unha proposta que se achega en moitos momentos ao absurdo e, malia manter a esencia de Molière, transpórtanos a un mundo fantástico e misterioso onde case todo é posible.


GRUPO AULA DE TEATRO E DANZA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

PROCEDENCIA GALICIA

ESPECTÁCULO MÁQUINA MULLER

LUGAR AUDITORIO
HORA 23’00
TARIFA 2€

ELENCO
Dalia Belón, Gema Ramírez, Aldana González, David López, Xavier Villamisar, Uxía Muíños, Noela Vázquez

FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
ESPAZO ESCÉNICO
Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña
VESTIARIO
Mónica Camaño
XASTRA
Cloti Vaello
ILUMINACIÓN
Afonso Castro
AXUDANTES DE DIRECCIÓN
Laura Mariño, Ana Bost
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN
Zé Paredes

Unha revisión da traxedia de Hamlet, na que o personaxe tráxico transformado, observa a deriva de Europa nos últimos anos do século pasado. Un Hamlet que, como o propio autor describe, atópase aos dous lados da fronte, sobre a fronte, por riba... As Ofelias, división do personaxe de Shakespeare, nos múltiples carácteres, serven de espello ao home/hamlet, esnaquizado pola súa propia condición masculina.