PROGRAMA

venres 1 de maio


 

GRUPO:

COMPAÑÍA DE TEATRO UPNA. PAMPLONA NAFARROA
ESPECTÁCULO:
Pequeños episodios de fascismo cotidiano

AUTOR: Jerónimo Cornelles
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 19'00
DURACIÓN: 70 minutos
TARIFA: 3€

A RAE define o fascismo social coma unha ditadura, autoritarismo, intolerancia e abuso de poder. Pode ser que esas actitudes sexan máis cotiás e cercanas do que cremos ou nos gustaría? É posible incluso que convivamos con elas todos os días.
Todas e todos temos unha caixa agochada nalgún lugar da nosa casa, unha caixa que non queremos abrir porque o que contén dentro preferimos que siga na sombra.
Presentámoslles unha obra que invita a abrir a caixa e ver que se agocha dentro.
E ti, tes tamén unha caixa oculta?

DIRECCIÓN: ÓSCAR ORZAIZ RESANO
ELENCO: Noelia Ayúcar Fonseca, Noelia Chirinos Cornejo, Adriana Mateo Larrainzar, Marta Remírez Beorlegui, Xabier Salinas Echave, Endika Sanzol Aurrekoetxea, Oier Villar Goyenaga, Natalia Zúñiga Ezcurra
EscenografÍa e vestiario: UPNA
CoreografÍa: Noelia Chirinos
DeseÑo cartel: Adriana Mateo, Natalia Zúñiga

DeseÑo grÁfico: Xabier Salinas

[<]


GRUPO:
ASOCIACIÓN ANAQUERONTE PERÚ
ESPECTÁCULO: Los muchachos olvidados de Dios
AUTORA:Javier Valencia Palomino
LUGAR: LICEO
HORA: 21'00
DURACIÓN: 85 minutos
TARIFA: 5€

Los muchachos olvidados de Dios, está inspirada nos testemuños do conflito interno do Perú, das décadas de 1980 a 2000, onde se contan as historias de varios deles que quedaron no medio das forzas da orde (policías, militares e grupos paramilitares) por unha banda e dos grupos terroristas polo outro.
Tócanse estes casos esquecidos, ocultados e que aínda moitos non tiveron xustiza nin do Estado peruano, nin tampouco ecos dos seus reclamos, e por iso outorgámoslles voz e sentimentos, a través dunha creación dramatúrxica chea de metáforas poéticas e corporais. É unha obra que transforma a memoria nun acto poético. Os intérpretes non representan, senón que presentan esas historias, transitándoas cos seus corpos, danzas, voces e as súas emocións.
O escenario convértese así nun ritual de sanación e resistencia, onde a arte devolve dignidade a aquelas persoas que foron silenciadas pola historia.

DIRECCIÓN: JAVIER VALENCIA PALOMINO
ELENCO: Manuel Guerrero Suero / Lady Galloso Vasquez

[<]