GRUPOS:
AULA DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO / CÍA. DE DANZA USC / AULA DE DANZA DA UDC / A CASA VELLA DANZA GALICIA
ESPECTÁCULO: 15ª Xornadas de danza
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 75 minutos
TARIFA: 3€
DIRECCIÓN: AINHOA LINAZA - NURIA SOTELO
Aula de danza do Campus de Ourense
Xeometría dun silencio aprendido
Elenco: Mercedes de la Lámpara, María Billosa, B. Ferro, Dani, A Brincadeira, Laioli, Anxe Arcas, Aninhoa Viñuela Don, Maria Pereira, Sonia Paz, Laura Mojica, Sira González
Dirección: Ainhoa Linaza
Acompañamento de direcciÓn: Nuria Sotelo e Mikel Aristegui
CoreografÍa: Ainhoa Linaza e Creación Colectiva
Xeometría do silencio é unha peza de danza contemporánea que explora as pequenas violencias que se instalan no cotián. Non aquelas que gritan, senón as que se organizan en voz baixa: unha mirada que decide, un xesto que inclina, un ritmo que se impón sen tocar.
A través do corpo e da repetición, a escena constrúe unha paisaxe de relacións onde o poder non sempre se exerce de maneira evidente, pero modela posturas, distancias e eleccións.
A peza non busca sinalar culpables, senón facer visible o que normalmente permanece fóra de foco: as dinámicas sutís que nos ensinan a ocupar un lugar, a reducirnos, a adaptarnos.
Xeometría do silencio propón unha pregunta aberta: que formas adopta o poder cando apenas se move?
Espazo de danza da USC
Esquecid@s
Elenco: Alexandra Clista, Alicia Collazo, Uxía Felpeto, Inés F. Mosquera, Aida García, Andrea Gil, Carina Mendez, Alvaro R. Vazquez, Sara Sanz e Alejandro Varela
DirecciÓn: Juan Carlos Zahera
CoreografÍa: Rosa Acuña
Palabras que non se escoitan - Abrazos que non se dan - Miradas que non ven - Indiferenza - Non dar valor á vida - O silencio das feridas - O silencio das feridas.
Aula de danza UDC (A Coruña)
Deriva
Elenco: Rosa Fernández, Angélica Nistal, Sonia Franco, Carmen Soriano, Mónica Irina Casas, Ana Blanco, Ada Castro, Fabiola Fraga e Alfonso Louro
DirecciÓn: Alicia López e Alba Fernández
A brisa tráenos voces de historias cruzadas. Pegadas, ecos das persoas que se foron, das que chegaron. Buscamos os farrapos que forman a nosa propia boneca de trapo. Farrapos de vivencias, de encontros, desencontros, que definen e enmarcan o noso camiño.
A casa vella
Vídeodanza e patrimonio
AutorÍa: Rubén Vilanova e Ainhoa Viñuela
GravaciÓn: Rubén Vilanova
EdiciÓn: Ainhoa Viñuela
IntÉrpretes: artistas residentes da Casa vella
Selección de pezas audiovisuais da serie “Corpo e Patrimonio” que poñen en diálogo o movemento e o corpo co patrimonio natural e arquitectónico da Reserva da Biosfera de Allariz e Comarca da Limia
[<]
|
 |