PROGRAMA

luns 27 de abril


 

GRUPO:
TEATRO DEL BARRIO PALESTINA - MADRID
ESPECTÁCULO: Preso en la esperanza / Trapped in hope / مسجون في الأمل
AUTORES: Nabil Alraee - Miguel Oyarzun - Juan Ayala
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 90 minutos
TARIFA: 12€ - 10€ - 8€ (á venda en Ataquilla.com)

Nabil AlRaee viaxou ata aquí desde Cisjordania para convocarnos ao teatro. Guiaranos a través da súa biografía nun percorrido atravesado por fitos históricos da resistencia palestina contra a ocupación colonial. Unha ocupación perpetrada primeiro polo movemento sionista e máis tarde por Israel, respaldada por Gran Bretaña e os Estados Unidos, coa aquiescencia de Europa. Preso en la esperanza é unha reflexión sobre as narrativas hexemónicas da opresión: como se constrúen, de que están feitas e que permite que se perpetúen. É tamén un canto ao encontro como método de resistencia, liberación e construción cultural en tempos de xenocidio, violencia colonial e ocupación.

Espectáculo en inglés e árabe con sobretítulos en castelán

DIRECCIÓN: MIGUEL OYARZUN e JUAN AYALA
Dramaturxista e mirada externa: Yasmeen Audisho Ghrawi
Escenografía, vestiario e proxeccións: Darina Jabr
Deseño de iluminación: Valentín Álvarez
Música: Nabil AlRaee
Espazo sonoro: Kyria Libia
Dirección de produción: Ana Belén Santiago
Produción executiva: Lucía Rico
Comunicación: Paloma Fidalgo
Fotografía: Laura Ortega
Cartel: Jacobo Gavira
Vídeos promocionais: La Dalia Negra
Distribución: Caterina Muñoz

Unha produción de Teatro del Barrio con Freedom Theatre e unavezenlavida
Coa colaboración de INAEM – Castillo Palacio de Magalia
Co apoio de TEJA / Red de Espacios Culturales en Apoyo a Situaciones de Emergencia
Coa complicidade de La Casa Encendida

 

[<]