GRUPO:
CLAUSURA DA 31ª MITEU
PREMIO DA 31 MITEU
para a MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES OURENSE
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
A súa implicación, o seu compromiso, o seu activismo, tan necesario en días como os que corren, fan que sexan recoñecidas con este galardón.
Obxectivos como:
- Fortalecer e manter un amplo movemento de solidariedade entre todas as mulleres e organizacións de base para que a Marcha constitúa un xesto de afirmación das mulleres do mundo.
- Promover a igualdade e a xustiza entre as mulleres e os homes, entre as propias mulleres e entre todos os pobos.
- Seguir construíndo e fortalecendo un amplo proceso de educación popular onde todas as mulleres poidan analizar por si mesmas e para elas mesmas as causas da súa opresión, da súa discriminación e as posibles alternativas.
Son só algúns dos fundamentais que procuran.
Accións como:
- Se é machista, non é xustiza
- Construír espazos seguros libres de violencias machistas
- Feminismo para mudalo todo
- A loita contra a violencia obstétrica
- A loita polo Servizo de Axuda no Fogar
Son só algunhas das que levan a cabo.
Un recoñecemento ao seu labor necesario e fundamental para a nosa sociedade.
[<]
|
 |
GRUPO:
AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO. GRUPO MARICASTAÑA GALICIA
ESPECTÁCULO: Insurrección
AUTOR: Dramaturxia de Fernando Dacosta inspirada Rebelión na granxa de George Orwell
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 70 minutos
TARIFA: 3€
Estase a librar a nai das batallas. Non é a primeira vez na historia, aínda que algunha das veces pode ser a derradeira. A loita é, a grandes riscos, entre a utopía e distopía.
Un grupo de persoas traballadoras está sendo oprimido polo seu xefe. A conciencia vai aflorando nese grupo ata que estoura a insurrección e conseguen facerse co control dos seus medios de traballo e de subsistencia. Conseguen o control sobre as súas vidas. A partir dese momento ábrese un tempo de esperanza que dá cabida ao repouso, ao traballo con sentido, a tempos para a música, para a danza, para o pensamento. Aparecen tempos para a amizade, para o humor e para a colaboración nunha sociedade que é, por fin, a de todas.
Mais hai quen se sente máis forte e con máis dereito a desfrutar do que é común e que, pouco a pouco, lentamente, vai cambiando as normas da colaboración e volvendo o lugar liberado nun lugar de explotación aínda peor que o que había antes.
A medida que a súa situación no traballo e nas condicións de vida empeora, e que os excesos dos que tomaron o poder son maiores, a maioría vai esquecendo a revolta, vai perdendo a memoria pola propaganda incansable dos novos opresores. Vai dividíndose, vai perdendo as forzas...
El haberá algunha posibilidade, nalgún momento, de facer unha nova insurrección?
DIRECCIÓN: FERNANDO DACOSTA
ELENCO (por orde de intervención):Iria Losada, Diego Galdo, Vicki Reinoso, Paula Iglesias, Anabel, Miguel Solanas, Alba Gálvez, Óscar Castromán, Rubén Gómez, Carmen Blanco, Silvia Cortón
IluminaciÓn e tÉcnicos en xira: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño Vestiario e complementos: Tegra
ILUMINACIÓN, ATREZZO E TÉCNICOS EN XIRA: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
CARTEL E PROGRAMA: Pablo Otero
MÚSICA: Renata Codda Fons
ESPAZO ESCÉNICO: Fernando Dacosta
Equipo docente de Sarabela Teatro curso 25-26: Fina Calleja, Sabela Gago, Flor Figueroa, Fernando Dacosta - Técnico de Cultura do Campus de Ourense: Filemón Rivas - Vicerreitor do Campus de Ourense: Javier Rodríguez Rajo - Vicerreitora de Extensión Universitaria: Susana Reboreda Morillo
É unha produción da Vicerreitoría do Campus de Ourense (Universidade de Vigo)
Grazas a Héctor Martínez por esa mensaxe lembrando 'Rebelión na granxa' no momento de procura.
Grazas a Lucía Aldao pola súa xenerosidade e por compoñer unha canción tan fermosa que se converteu en leitmotiv da dramaturxia
[<]
|
 |