GRUPO:
AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE PONTEVEDRA. UVIGO GALICIA
ESPECTÁCULO: Tartufo
AUTOR: Jean-Baptiste Poquelin "Molière"
LUGAR: LICEO
HORA: 19'00
DURACIÓN: 80 minutos
TARIFA: 3€
Tartufo é unha das comedias máis representativas de Molière, na que o autor francés realiza unha crítica furibunda da hipocrisía da sociedade da súa época.
Tartufo, habilmente disfrazado de honradez e virtude, utiliza a aparencia externa da piedade para introducirse nun apacible fogar burgués e gañar a confianza do beato cabeza de familia Orgón. Baixo a súa máscara virtuosa, Tartufo maquinará para colmar a súa ambición, envolvendo a toda a familia nunha trama de enredos e enganos.
DIRECCIÓN: SALVADOR DEL RÍO
ELENCO: Carol Rufián, Celeste Cortés, Fernando Huelin, Fons De Groot, Francisco Pernas, Jesús Antonio Gutierrez, Joan Manel García, Mabel Fernández, Mayka Freire, Ramón Pastoriza, Suso Riveiro, Xaime Domínguez
Tradución: Henrique Harguindey Banet
Vestiario: Sonia Rua
Imaxe: Diego Seixo
MÚsica: Pablo Costas
IluminaciÓn: Salvador del Río
CodirecciÓn: Omar Ferrín
[<]
|
 |
GRUPO:
PAULA CARBALLEIRA GALCIA
ESPECTÁCULO: Camiños de terra
AUTORA: Paula Carballeira
LUGAR: LICEO
HORA: 21'00
DURACIÓN: 60 minutos
TARIFA: 5€
Prefiro os camiños de terra ao asfalto. Ás veces, mesmo fago eu o camiño ou marco o que alguén abriu nalgún momento e se foi esvaecendo co tempo. Algo semellante acontece cos contos. O camiño de terra obriga a ir máis amodo, a prestarlle atención, a parar para coller alento. Pode parecer abandonado, como as historias que se deixaron de contar, ou que non existe, como as historias que nunca se contaron, pero, de súpeto, aí está, chamando por ti. Se é de día, entras nel con desleixo, aínda que poidas perderte. Se é de noite, entras nel con curiosidade, alerta. Acompáñame polos camiños destas historias, camiños de terra.
DIRECCIÓN: PAULA CARBALLEIRA
ELENCO: Paula Carballeira
[<]
|  |