GRUPO: AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO. GRUPO CORDELIA GALICIA
ESPECTÁCULO: Shoot
DRAMATURXIA: Fina Calleja
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 50 minutos
TARIFA: 3€
Estanvos bombardeando, os edificios caen. Un castelo, un parque no centro da cidade, un tren, o teatro... todo. E nós estamos aí. Mirando, mirándovos. Mirando as imaxes unha e outra vez. Esas pobres imaxes. Hai poucas cámaras para gravar todo o que sufrides. Unha e outra vez as mesmas imaxes, pero nunca é suficiente.
Bombardéanvos. É un horror. Cando vemos -as noticias- arrepíannos. Pola mañá dúchome, exfolíome con esmero, fago zume e poño as noticias un momento, e aí está.
Bos e malos, occidente e oriente, democracia e ditadura, guerra e paz.
Mark Ravenhill, do que botamos man xunto con Arístides Vargas, reflexiona sobre esta cuestión e proponnos un xogo de espellos nos que recoñecernos desde o xenuíno, pero tamén desde a hipocrisía.
DIRECCIÓN: FINA CALLEJA
ELENCO: Cristina Hermida, Ana Álvarez, Rubén Álvarez, Antía Rodríguez, Pablo Costy, LuckRa Pateiro, María Prada, Nadine Falcones, Magda Cabello, Almudena Pérbal, Merce Fernández, Cris Losada, David Vecino
Espazo e son: Carlos Domínguez
AsesorÍa de movemento: Nuria Sotelo
TÉcnicos (luz e son): José Manuel Bayón e Rubén Dobaño
[<]
|
 |