PROGRAMA

domingo 3 de maio


 

GRUPO:

LA LÍQUIDA ANDALUCÍA
ESPECTÁCULO:
Ellas de oro

AUTOR: David García Intrago
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 19'00
DURACIÓN: 85 minutos
TARIFA: 5€

ELLAS DE ORO é unha divertida, curiosa e emocionante mirada ás mulleres máis libres e cultas da súa época, á gramática forxadora de imperios, ás bobas damas que non o eran tanto, a aquela apertada cazuela reconvertida en galiñeiro, á linguaxe silenciosa das que non podían falar, aos personaxes que falaban por elas e ás prohibicións por facelo, á educación que rompe cadeas e á inefable maxia da escena.
Se os cómicos sempre tiveron complicada a súa existencia, imaxinen ás cómicas do Século de Ouro… Esposa, disoluta ou monxa eran as posibles saídas. Aínda que había un estado máis! Actriz de mal vivir pero boa liberdade! Vicio prexudicial é o teatro! Xentes de vida licenciosa son os que fan oficio en currais e camiños! Pero elas… elas… Elas aínda máis! Perigoso exemplo para a cazuela!

DIRECCIÓN: DAVID GARCÍA INTRAGO
ELENCO: Santiago Vokram (Música en directo) – David García-Intriago (Actor)
Cover mÚsica en directo: Raúl Pérez / Claudia Jimenez.
Luz e son en xira: Javier Sánchez
Axudante de direcciÓn: Pedro Hofhuis.
Vestiario: Maribel Fernández.
FotografÍa: Belén Mañas.
Vídeo: Miguel Ángel Almanza.

ProduciÓn e distribuciÓn: Espectáculos Arlequina e La Líquida

[<]


GRUPO:
ASOCIACIÓN ANAQUERONTE PERÚ
ESPECTÁCULO: La danza a la orilla del bardo (danza-teatro)
AUTOR: Javier Valencia Palomino
LUGAR: LICEO
HORA: 21'00
DURACIÓN: 80 minutos
TARIFA: 5€

Unha muller danza entre a vida e a morte, nun espazo suspendido onde os recordos se disolven como auga. La Danza a la orilla del Bardo é unha viaxe corporal e espiritual cara ao límite: ese instante en que a alma decide entre quedar ou partir. Nese tránsito, o amor convértese no único compás posible ou talvez no seu último escape.
A obra invita a mirar de fronte a beleza do abismo e atopar, no medio do baleiro, unha forma de renacer. Máis que unha obra, é un ritual escénico que une danza, teatro e poesía nunha experiencia sobre a fraxilidade e a esperanza. A bailarina atravesa un rito performativo que conxuga memoria, culpa, desexo e redención, ata alcanzar unha transfiguración posible a través do amor. Non representa. Evoca. Invoca. Atravésase.
“Din que o Bardo é ese lugar onde xa non hai corpo, pero aínda hai memoria. Aquí... non hai reloxos, nin fame, nin pranto. Pero a alma doe igual”.

DIRECCIÓN: JAVIER VALENCIA PALOMINO
ELENCO: Lady Galloso. Con la colaboración de Manuel Guerrero

[<]