PROGRAMA

 

 

mércores 30 de abril


 

GRUPO: AULA DE TEATRO DA USC. SANTIAGO GALICIA
ESPECTÁCULO: Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo
AUTOR:Rodrigo García
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 45 minutos
TARIFA: 3€

A proposta que realizamos parte do texto orixinal de Rodrigo García, lixeiramente adaptado e onde tamén se inclúe algún outro escrito do autor. Nesta peza convive unha mestura de violencia e humor que retrata unha sociedade afeita a recibir o golpe e a aceptar a derrota, asumila como algo constitutivo do noso ser. E converter a risa nun xesto revirado, a gargallada nun corpo contraído.

DIRECCIÓN: ROBERTO SALGUEIRO
ELENCO:
Antón Torrado Puime, Lucía Casal Muñiz, Laura Valeiras
DeseÑo espazo escÉnico e iluminaciÓn: Roberto Salgueiro

 

[<]


GRUPO: AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE VIGO GALICIA
ESPECTÁCULO: Divinas palabras
AUTOR:Valle Inclán
LUGAR: LICEO
HORA: 21'30
DURACIÓN: 90 minutos
TARIFA: 3€

Divinas Palabras (traxicomedia de aldea). Drama protagonizado por seres marxinais. A avaricia e a luxuria desencadean a trama.

Un enxendro, anano hidrocéfalo, exposto en feiras e romarías para conseguir diñeiro é agora disputado por Marica del Reino, irmá da nai defunta, e por Mari Gaila, muller de Pedro Gailo, o sancristán, irmán da finada. Mari Gaila inicia un romance con Sétimo Miau, un faranduleiro trashumante. Finalmente, e despois da ira, o seu marido, Pedro Gailo, grazas ao resoar das "divinas palabras" en latín, volve á rutina cotiá coa súa muller.

DIRECCIÓN: CASILDA ALFARO
ELENCO:
Anton Abal Rúa, Aroa Blanco Escanciano, Azael Durán Alonso, Juan Diego Comesaña Lorenzo, Laura Pousada Barrio, Lidia Gutiérrez Marín, Lola Matamoro Gómez de los Infantes, Miguel Rodríguez Carretero, Natalia Sías Paramos, Rodrigo Rodríguez Gutierrez, Rosa María Molares Alonso, Sofía Fernández Cidrás
VESTIARIO: Sonia Rúa
MÚSICA: Miguel R. Carretero

ESCENOGRAFÍA: Ningures
ILUMINACIÓN: Héctor Pazos

FOTOGRAFÍA E CARTEL: Diego Seixo

AXDTE DIRECCIÓN: Sonia Salgado

CODIRECCIÓN: Sonia Rúa

 

[<]