PROGRAMA

venres 25 de abril


 

GRUPO:
AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO. GRUPO CORDELIA GALICIA
ESPECTÁCULO: Shock
DRAMATURXIA:Fina Calleja
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 45 minutos
TARIFA: 3€

ESTREA

Tomamos como base o texto de Caryll Chruchill Amor e información para indagar ao redor do impacto das novas tecnoloxías, a tolemia do home alienado e a desesperación polo encontro humano. Compoñemos neste curso unha peza onde verdade, ritmo e surrealismo reflicten a corrente vertixinosa da sociedade actual. Exploramos as complexidades das relacións humanas nun mundo marcado pola hiperconexión dixital e a inmediatez. Facémolo a través dunha estrutura fragmentada e non lineal, con escenas independentes que abordan temas como o amor, a verdade, o desexo, o coñecemento e a intimidade, todos filtrados polo fluxo constante de información que define a contemporaneidade. Un mosaico que reflicte a lóxica dispersa e dinámica do mundo contemporáneo. Neste traballo de exploración que sempre é o grupo Cordelia, convidamos aos espectadores a interpretar e reconstruír os significados desde a súa propia experiencia.

DIRECCIÓN: FINA CALLEJA
ELENCO:
Sandra Saco, Ana Álvarez, Miguel Garcia Nogales, Paula Iglesias, Anabel, Rubén Gómez Cebreiros
ATREZZO E ESCENOGRAFÍA: Amenosde7metros
TÉCNICOS (LUZ E SON):José Manuel Bayón e Rubén Dobaño