PROGRAMA

xoves 24 de abril


 

GRUPO:
AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO. GRUPO ROSAURA
CORO UNIVERSITARIO. CAMPUS DE OURENSE
GALICIA
ESPECTÁCULO: Visión panorámica
DRAMATURXIA:Sabela Gago
LUGAR: RÚAS DE OURENSE - PRAZA DE SAN MARTIÑO
HORA: 19'00
DURACIÓN: 50 minutos
TARIFA: Libre

ESTREA

Unha cumbre política, 14 paÍses elixidos ao azar e unha meta común de supervivencia no mundo.

DIRECCIÓN:SABELA GAGO
ELENCO: Raúl Pateiro, Mercedes Vila, María Prada, Candela Vázquez, Lola Martínez, Cecilia Vázquez, Rubén Álvarez, Pablo Gómez, Cristina Hermida, Nadine Falcones, Almudena Pérez, Fernando Lema, David Vecino, Cristina Losada
CORO UNIVERSITARIO DO CAMPUS DE OURENSE “CUCO”
dirixido por RUTH GONZÁLEZ GÓMEZ
CUQUIÑOS DO CAMPUS DE OURENSE
dirixido por VICTOR VICENTE FERNÁNDEZ BELLO Técnicos: José Manuel Bayón e Rubén Dobaño
TÉcnico (luz e son):
José Manuel Bayón e Rubén Dobaño

[<]


GRUPO:
AULA DE TEATRO DA USC-LUGO GALICIA
ESPECTÁCULO: Voilà
DRAMATURXIA:An González
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 60 minutos
TARIFA: 3 €

Voilá Cóntanos a odisea de Alicia e Juana, súa nai. Mulleres da marxe, da fronteira, do borde, que tratarán de sobrevivir nun mundo que as expulsa.

Centros De Menores. Abuso. Crítica Social. Reflexións sobre o sistema xudicial patriarcal. Segregación.

Unha dramaturxia de An González inspirada libremente na personaxe de Alicia no país das marabillas; na película ‘Mommy’ de Xavier Dolan, no caso xudicial de Juana Rivas e en múltiples investigacións.

DIRECCIÓN: AN GONZÁLEZ
ELENCO: Anna Aycoberry, Estrella Tomé, Alexia Villar, Andrea Maseda, Estela del Río

[<]


GRUPO:
LUCÍA ALDAO GALICIA
ESPECTÁCULO: Pava (Concerto)
AUTORA: Lucía Aldao
LUGAR: LICEO
HORA: 23'00
DURACIÓN: 75 minutos
TARIFA: 5 €

DIRECCIÓN: LUCÍA ALDAO
ELENCO: Lucía Aldao (voz, guitarras), Pablo Silva (guitarra eléctrica)

PAVA é a proposta musical da poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. Un directo eléctrico e pegadizo que vai da psicodelia ao pop rock máis alternativo con tintes de crúas guitarras velvetianas. Nos traballos discográficos de Aldao sobrevoan as sombras de xigantas como PJ Harvey, a personalidade da súa voz e a forza das súas letras orbitan na elipse das novas voces femininas xurdidas nos últimos anos ao outro lado do Atlántico. Lucía Aldao (voz, guitarra e letras) e Pablo Silva (guitarra e arranxos musicais) son a versión reducida de Pava. Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica son o fío condutor deste traballo, unha das propostas máis orixinais e contundentes do pop galego actual.

[<]