PROGRAMA

xoves 8 de maio


 

GRUPOS:
AULA DE DANZA DA UDC / CÍA. DE DANZA USC / COMPAÑÍA DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE UV /  OBRADOIRO DE DANZAS DO MUNDO E INTERCULTURALIDADE CAMPUS DE OURENSE UV / OBRADOIRO DE FLAMENCO DE AINHOA LINAZA
ESPECTÁCULO:
14ª Xornadas de danza
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 75 minutos
TARIFA: 3€
DIRECCIÓN: NURIA SOTELO

 

Danzas do Mundo: Unha viaxe a través do movemento

 

Elenco: Cristina Garrido Masid, Ángela González Fernández, María Jesusa López Paz, Elvira Paz González, Rubén Gómez Cebreiros, Cristian Gómez Cebreiros, María Elena Borges González, Isabel Vilar Iglesias, Lucía Varela

DirecciÓn: Ainhoa Linaza

 

O espectáculo transpórtanos a distintas culturas a través da danza. Desde a alegría do Carnavalito andino ata a interacción do Shuffle Mixer e o dinamismo do Circassian Circle, cada baile reflicte a esencia do seu pobo. A forza dos Paloteos españois e a elegancia do Esku Dantza vasco completan este percorrido único, onde o ritmo e a tradición únense nun festín de movemento e emoción.

 

Huele a Sal: Flamenco y Mar

 

Elenco: Ana Gonzalez, Sabela Hermida, Laura Mónica, María José Dosil, Cristina Riaño, Ainhoa Linaza

DirecciÓn: Ainhoa Linaza

 

Peza escénica que evoca a brisa e a alma de Cádiz a través do flamenco por alegrías, coa voz de Miguel Poveda como guía. O zapateado firme, os xiros vibrantes e a expresividade do baile, mergúllannos nunha viaxe de luz e nostalxia, onde o compás flamenco se mistura coa esencia do mar.

 

Aula de danza do Campus de Ourense: "Máis tarde que cedo"


Elenco: María José Castro Fernández, Noelia Estévez Rionegro, Ainhoa Viñuela Don, Yolanda Pérez Sierra, Sira González Rodríguez, Noelia Rodríguez Pereira, María del Mar Pereira Gil, María Sonia Paz González, María Belén Ferro Bugueiro, Laura Mojica Garzón, Daniele Tommasini
DirecciÓn: Ainhoa Linaza
CoreografÍa: Colectiva

 

Unha paisaxe en constante transformación. A danza, o son, a pintura e a palabra atópanse nun espazo onde a natureza e o amor son os fíos invisibles que tecen a escena. A peza desprégase nun xogo de improvisación e composición espontánea, onde o movemento dialoga co azar e o xesto convértese en signo. Entre a poesía e o humor, o efémero cobra forma a partir de La profecía de Silvia Pérez Cruz, lembrándonos que todo acontece… “máis tarde que cedo”.

 

Espazo de danza da USC: "REDes"


Elenco: Iria Alén, Alexandra Clista, Aida García, Beatriz García, Noelia Iglesias, Carmen Soriano e Mario Vazquez.
DirecciÓn: Luís Zahera
CoreografÍa: Rosa Acuña


Unen, limitan, protexen, atrapan, sosteñen...
Unha palabra con moito contido por explorar...
Nesta viaxe soltamos o que nos oprime e enredámonos co que nos nutre e conecta coa vida.

Aula de danza da UDC: "hyphē"

IntÉrpretes/creadoras: Nuria Citoula Rego, Sofía Pazos Pazos, María Justo Rodríguez, Lydia Prada, Pablo García Lagoa, Sofía Suárez Fernández e Cruz García Rodríguez ⁠co acompañamento de Lorena Barrán Gonzalez e Lara Hurriyet Lois.
Son: Miguel Ángel Fernández.
Mediador: Javier Martín.

Curvas afiadas
Liñas de fuga
No intre entre o propio
e o vínculo
Cesar a busca
E quedar a sentir.

 

 

[<]