30ª MITEU DE OURENSE
Achéguense ao asombroso mundo do teatro.
Non vén só, nunca vén só. Acompáñano a música, a danza e o circo.
Está composto dun exército que cuspe verdades, que defeca poesía, que ri con anguria e que danza coa ollada.
Cando non soporta as gañas de ouriñar, eructa blasfemias contra os poderosos.
Máis vale un mal epitafio de morto que unha crítica deste exército en vida, dixo un señor chamado Hamlet.
Velaquí está co seu fedor de tres mil anos.
É tan monstroso que é delicadamente fermoso.
Silencio. Achégase. Achéguense.
Fernando Dacosta
Podes seguirnos
no facebook
en Twitter
en Instagram
Tamén podes seguirnos nas páxinas da Universidade de Vigo. Campus de Ourense
e en |
![]() |