PROGRAMA

venres 6 de maio


 

GRUPO:
SARA GUERRERO ALFARO
(MÉXICO - GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Raigame

AUTORA: SARA GUERRERO ALFAARO
PERCORRIDO: ALAMEDA (PALCO DA MÚSICA)
HORA: 20'00 e 21'00
DURACIÓN: 40 MINUTOS
TARIFA: LIBRE CON AFORO LIMITADO: 34-40 PERSOAS

Canto inflúen en nós os espazos? Como nos definen? Para Sara, o lugar onde está fronte ao público é fundamental na súa vida. Por iso, aproveitará para contarlle ao público unha serie de relatos familiares que sucederon nese mesmo quiosco e, así, reconstruír a súa propia historia. Mais quizais ela non é quen di ser. Ou si? Sara comparte co público a vella historia familiar que sucedeu xusto no espazo no cal sucede a representación dende hai varias xeracións. Os diversos relatos familiares cheos de tradición, amor e humor, comezan a fluír, revelando o fondo que está Galiza no corazón desta muller. Con todo, Raigame xoga coa ficción: moldéaa con historias e documéntaa con obxectos para logo destruíla. O que empeza coma unha oda ás raíces galegas, convértese nun testemuño da experiencia migratoria da intérprete. A lingua galega, que ata entón actuaba como o soporte da ficción, muda de sotaque para desvelar a orixe foránea da actriz. "A relación que temos cos espazos define a nosa forma de estar no mundo. Sabemos que os habitamos e que lles damos vida, mais eles fan exactamente o mesmo por nós: habitarnos e darnos vida".

 

DIRECCIÓN: SARA GUERRERO ALFARO e RODRIGO HERRERA

ELENCO: Sara Guerrero Alfaro

FOTOGRAFÍA: Vanessa Rábade para FIOT

ASISTENCIA DE DIRECCIÓN E ACOMPAÑAMENTO TÉCNICO: Rodrigo Herrera Alfaia

[<]