PROGRAMA

martes 3 de maio


 

GRUPO:
CORDELIA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 2) (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Ecos do deshabitado

DRAMATURXIA: FINA CALLEJA, a partir de textos de varios autores/as
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €

 

A miña aldea, a nosa aldea, calquera aldea, é un mundo. Esquecidas, agochan os recordos dos que marcharon para non volver. Alpendres tomados polas silvas, cortes baleiras e teitos derrubados, anacos de vida; cada recuncho é unha lembranza onde naceron fillos, cantáronse amores, tecéronse soños e proxectáronse ideas. Visitamos e construímos coa complicidade de Raúl Gómez Pato, John Berger, Ana María Matute, Yolanda Pallín, José Ramón Fernández, Javier G. Yagüe, un universo que dá conta de quen somos hoxe, unha paisaxe deshabitada que non perdeu a capacidade para sandarnos, para explicarnos tal e como somos hoxe. Miramos de fronte esa imaxe case esquecida coa culpa de quen abandona. O universo comeza e acaba aquí.

 

DIRECCIÓN: FINA CALLEJA

ELENCO: Mónica Iglesias, Manuel Pérez, Alba Cifuentes, Gonzalo Otero, Carmen Blanco, Belén Iglesias, Chus Rodríguez, Miriam Blanco, Nuria García, Severino David Hermida, Marisol Amoeiro, Alejandro Gómez, Andrea Alfaya      

TÉCNICOS (LUZ E SON): José Manuel Bayón e Rubén Dobaño
ATREZZO E ESPAZO ESCÉNICO: Carlos Domínguez

[<]