PROGRAMA

luns 16 de maio


 

CLAUSURA DA XXVII MITEU
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’00

PREMIO DA MITEU "CERVEXA ESMORGA" PARA MOHAMED AZIBOU

Persoa que destaca polo seu amor cara aos demais, que se dedica a facer obras en favor da humanidade. Esa é a definición de "Filántropo", e a Moha acaelle ben. El é así, desprendido e altruísta. O feito de acoller a alguén amablemente e con afecto é a hospitalidade. O que el exerce. É unha ponte cultural que une dúas culturas: a galega e a marroquí. Faino como intérprete, como actor, como anfitrión da cultura tanto en Marrocos como en Santiago ou Ourense. Faino como amigo da Miteu.
[<]

GRUPO:
MARICASTAÑA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (NIVEL 3) (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
O parke do crepúskulo

AUTOR: DRAMATURXIA DE FERNANDO DACOSTA
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'15
DURACIÓN: 77 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Diversas persoas baixo o mesmo teito ilegal: unha que traballaba nunha empresa de desafiuzamento, outra que ten un hospital de obxectos perdidos para a sociedade, unha pintora amadora idealista que cre no decrecemento, unha doutoranda que debe acabar a súa tese sen un can, unha que escribe dende a atalaia da cultura que ninguén comprende... Todas se xuntan nunha casa abandonada preto do parque do crepúsculo, a carón do cemiterio. O que fan non é legal, okupar a casa, e, ao tempo, é de xustiza para as súas vidas e o seu xeito de pensar. O moral vai contra o legal. Coñeceremos as súas arelas, o seu intento por vivir doutra maneira nunha sociedade en perigo de alienación. Iremos descubrindo como o seu pasado as foi levando a ser okupas e como loitan, cada unha ao seu xeito, por ter algo ao que poder chamar futuro. O que se pretende amosar é sinxelo: outros xeitos de vivir son posibles. Cando todo parece levarnos á distopía, é hora de volver buscar a utopía.

 

DIRECCIÓN: FERNANDO DACOSTA

ELENCO:Iván Iglesias, Eva García, Iria Losada, Marcos Lama, Luz Ocampo, Miguel Estévez, Candela López, Conchi Pérez, Esther Pérez, Lola Fernández, Silvia Domínguez, Chelo Cortiñas, Pilar Mira

ILUMINACIÓN, ATREZZO E TÉCNICOS EN XIRA: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra
CARTEL E PROGRAMA: Pablo Otero

FOTOGRAFÍA E GRAVACIÓN: Alba Vázquez
MÚSICA: Renata Codda Fons
ESPAZO ESCÉNICO: Fernando Dacosta

 

Equipo docente de Sarabela Teatro CURSO 21-22:Fina Calleja, Sabela Gago, Flor Figueroa, Elena Seijo, Marián Bañobre, Sante Cortegoso, Fernando Dacosta
TÉcnico de Cultura do Campus de Ourense: Filemón Rivas
Vicerreitora do Campus de Ourense: Esther de Blas
É unha produción da Vicerreitoría do Campus de Ourense (Universidade de Vigo) 

[<]