PROGRAMA

sábado 14 de maio


 

GRUPO:
A CASA VELLA DANZA / D-OU-TRAS. ESPAZO DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO / AINHOA VIÑUELA DON / CÍA. DE DANZA USC COMPOSTELA + PANDERETEIRAS USC (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
11ª Xornadas de Danza D-Outras

LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 €

DIRECCIÓN: NURIA SOTELO

 

A CASA VELLA DANZA presenta Caldo

CON Carmen, Clara, Diana, Maria José, Uxía , Yolanda

COREOGRAFÍA de Nuria Sotelo. Creada por Nuria Sotelo e as intérpretes.

 

Tódolos ingredientes son importantes no caldo. Un caldo de cultivo que se comunica no fluído, cada un/ha na súa individualidade impregnado/a pola esencia das outras.

 

D-OU-TRAS. ESPAZO DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE UVIGO presenta Maloserá

CON Alicia Fraga, Ainhoa Viñuela, Belén Ferro, Daniele Tommasini, Diego Negro, María Pereira, Mercedes Ferro, Nerea Arias, Noelia Estévez, Sira González

COREOGRAFÍA de Ánxela Blanco e Nuria Sotelo. Creada por Ánxela Blanco e Nuria Sotelo en colaboración coas intérpretes

 

Tomando como inspiración a peza "May B" da compañía Maguy Marin, facemos unha reinterpretación colectiva da mesma e paseámonos polas paisaxes xeradas por estas personaxes tan pertinentes nos tempos que nos tocan vivir.

 

AINHOA VIÑUELA DON presenta Todas as miñas amigas son nais e eu quería ser bailarina

CREACIÓN, INTÉRPRETE: Ainhoa Viñuela

COREOGRAFÍA: Ainhoa Viñuela, Nuria Sotelo

OLLADA EXTERNA: Ánxela Blanco

 

Por que aos meus 38 anos se considera unha idea tan extravagante que queira ser bailarina en lugar de ser nai! Todas as miñas amigas son nais e eu quería ser bailarina é un proxecto que nace dun desexo de crear e que pretende compartir un posicionamento crítico ao redor das obrigas impostas sobre os corpos das mulleres.

 

CÍA. DE DANZA USC LUGO presenta Alumea
COAS BAILARINAS: Ayla Leiva, Sonia L. Pumarega e Álvaro Rodríguez
COREOGRAFÍA: Rosa Acuña
MÚSICA: Collage musical
VESTIARIO: Espazo de Danza da USC
PRODUCIÓN: Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC.
DIRECCIÓN: Juan Carlos Zahera
 
Vivimos tempos duros en moitos aspectos internos e externos que nos levan a sentir incerteza, medo, desconexión... Alumea trata de botar luz sobre todo este proceso, lembrando que cada un debe acender e coidar a súa luz interna para reflectir o cambio que queremos ver no mundo.
[<]