martes 10 de maio |
|
GRUPO:
En EMIGRADOS decidímonos por unha historia múltiple que, engarzada, constitúe un mosaico de pezas de distintos autores e autoras que, unha por unha, dende o tratamento específico da emigración, da inmigración, do retorno, do desenraizamento, compoñen un cadro xeral que permite apreciar nidiamente o drama individual e social que supón estoutro xeito de “exilio”. Estamos a falar dun drama social (dende a suma de moitos dramas individuais), pero, aínda así, queremos trasladalo dende fóra do laio, dende a axilidade da linguaxe contemporánea, dende a ironía como vehículo de expresión (unha das formas máis sutís de “crueldade”) e sobre todo dende a “cercanía”, do achegamento a calquera espectador/a contemporáneo. Porque non se trata de facer un relatorio de sufrimentos e agravios, senón de falar dende hoxe de algo que fai parte da existencia de case todos os galegos e galegas de xeito individual e de todas e todos dende o punto de vista da conciencia colectiva.
DIRECCIÓN: SONIA RÚA e CASILDA ALFARO ELENCO: Antón Abal, Laura Alonso, Juan Diego Comesaña, Sofía Fernández, Lidia Gutiérrez, Cecilia Jiménez, Rosa María Molares, Miguel Rodríguez ILUMINACIÓN: Héctor Pazos VESTIARIO: Ningures FOTOGRAFÍA E CARTEL: Diego Seixo |
![]() |
GRUPO: En Nosa Señora das Nubes o autor trata fundamentalmente dous temas: a memoria e o exilio. Esta peza arranca co encontro duns exiliados nun espazo e nun tempo indeterminado, e a partir de aí van reconstruíndo o seu pasado, lembrando os feitos que aconteceron no lugar do que son orixinarios: Nosa Señora das Nubes. Contados cun certo humor que vai dando paso a un pouso máis amargo a medida que avanzan as historias, mesturando a crítica política contra os gobernantes que perseguen aos seus cidadáns pola súa maneira de pensar cunha certa reflexión sobre o individuo, a soedade, o desarraigo, e sobre todo, como manter a memoria do que foron noutro tempo.
DIRECCIÓN: SALVADOR DEL RÍO ELENCO: Irene Lumbreras, Diana Cidrás, Alexandre Souto, Mª Mercedes Pardavila, Francisco Pernas, Carmen Durán, Uxía Couso, Natalia García, Laura del Carmen Alonso, Xulia Blanco, Rubén Ballesteros, Xiana García, Lara González ILUMINACIÓN: Héctor Pazos ESCENOGRAFÍA: Ningures VESTIARIO: Sonia Rua FOTOGRAFÍA E CARTEL: Diego Seixo TRADUCIÓN: Santiago Cortegoso AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Omar Ferrin |
![]() |