venres 3 de xullo |
|
GRUPO: Dende Louis Amstrong a Lou Reed, pasando polas grandes Ella Fitzgerald, Ute Lemper ou Milva, innumerables cantantes e actores versionaron temas do compositor alemán Kurt Weill. É unha homenaxe a esta excepcional muller que pagou o prezo de permanecer á sombra do xenio artístico do seu marido e da época convulsa que lle tocou vivir e que lle impidiu ser comprendida no país ao que tivo que exiliarse. Lonxe de ser unha diva caprichosa, Lenya foi unha muller fascinante e chea de contradicións. As interpretacións que fixo da obra do seu home seguen sendo referencia obrigada para calquera que queira achegarse a ela. Con esta premisa, Cordelia presenta unha sesión teatralizada da gravación na que un trío de músicos de jazz esperan a Lotte Lenya, interpretada pola actriz e cantante Lola Botello, para ir desgranando a súa vida entre tema e tema, interactuando cos músicos e diluíndo os límites entre teatro e concierto.
ARRANXOS MUSICAIS: Álvaro Vieito, Javier Delgado e Luati González ILUMINACIÓN E SON: Ana Yacobi VESTIARIO: Isabel Arias de Saavedra FOTOGRAFÍA: Juan Carlos Ordóñez VOZ EN OFF: Javier Centeno AGRADECEMENTOS: Titeres Caracartón e Cicus PRODUCIÓN: Cordelia |