PROGRAMA

sábado 11 de xullo


 

GRUPO:
TEATRO EL MAYAL - ULE. LEÓN (CASTILLA Y LEÓN)
ESPECTÁCULO:

Pobre Janucá de fiesta y luz

AUTOR: JAVIER R. DE LA VARGA
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'00
DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €

 

Pobre Janucá de Fiesta y Luz é unha creación realizada a partir de narracións de orixe xudía e busca achegar a tradicional festa das luces que a comunidade hebrea celebra por todo o mundo a finais de outono / comezos do inverno. Dende ese punto de partida, o espectáculo constrúe unha mensaxe humana e universal, que transcende a través duns personaxes capaces de compartir, de empatizar co outro, de mirar máis alá do embigo dos problemas propios, para sentir cos demais. Fálanos de xenerosidade e esperanza, mesmo cando a vida se fai dura e parece que todas as luces se apagan. A música en directo, o xogo, o baile e o bo humor son as pezas que compoñen este xoguete teatral apto para todos os públicos e no que o espectador participa de maneira activa nun espazo de comunicación cos personaxes da obra.


DIRECCIÓN: JAVIER R. DE LA VARGA

ELENCO: Carmen Vega Ampudia, Claudia Medina González, Daniel Cascón Mielgo, Itziar Quirós Urdampilleta, Manuel Alonso Ortega, Teresa González Álvarez e a participación de Rodrigo Martínez como músico e actor

REXIDURÍA: Javier R. de La Varga
VESTIARIO: Teatro El Mayal - ULE
ESPAZO ESCÉNICO: Javier R. De La Varga
FOTOGRAFÍA: MOBT
PRODUCIÓN: Universidad de León

[<]


GRUPO:
CIRCO CARPA DIEM (ITALIA)
ESPECTÁCULO:

Dolce salato

AUTOR: CIRCO CARPA DIEM
LUGAR: PRAZA DA BIBLIOTECA NOVA
HORA: 21'30
DURACIÓN: 40 MINUTOS
TARIFA: LIBRE CON AFORO CONTROLADO

Dolce Salato é un espectáculo fresco de circo-teatro onde se conxuga o humor con diferentes disciplinas como portes acrobáticos, o mástil chinés e o monociclo.

Unha parella de panadeiros, un libro de receitas e diverxencias na cociña. Un ritmo enérxico levará a un ambiente tan familiar como inusual, onde os ingredientes seleccionados coidadosamente e amasados de forma excéntrica crearán un pan suculento.

Buon appetito!

 

DIRECCIÓN: CIRCO CARPA DIEM

ELENCO: Katharina Gruener, Luca Sartor
[<]