BENVIDA

25ª MITEU


A Miteu naceu hai 25 anos.
O soño comezou a concretarse a finais do século XX, en 1996.
Desde ese momento máis de 700 espectáculos de 47 países dos 5 continentes pasaron por Ourense. Por esta cidade.
5.000 participantes
200.000 espectadores

Historias desde o Irán vitalista, desde o Iraq poeta que quere a paz, desde Afganistán e o terror talibán ou desde Xapón e as súas danzas.
Palestina e Israel na mesma Miteu cun observador exipcio. Ramala presente, Gaza atrapada.
Cantos desde Australia e a realidade dos aborixes que aflora nos coloquios.
Marrocos e o Sáhara, festa angolana e voces únicas de Costa de Marfil.
Fraternidade coas historias de case toda América, desde Canadá ou Estados Unidos ata Honduras de amigos queridos, México e os pinches, Brasil, Cuba, Chile e os mapuches, Nicaragua, Costa Rica ...
Media Europa.
Sempre Portugal.
Toda España e Galicia enteira.

 

Aprendizaxe, emoción, camaradería, soños tocados e sentidos. Amizade transoceánica, compañeirismo sentido entre grupos universitarios e profesionais.

 

A Miteu vive porque a vivides vós. Mentres sigades aí seguirá, non morrerá.
Pode suceder que a maten, iso si, e daquela pasará a ser a nosa historia vivida.
Daquela ficará o noso estigma.

 

Grazas a todas e todos os que a facedes posible. Grazas.

 

 

Fernando Dacosta
Director da MITEU