PROGRAMA

venres 20 de abril


 

ACTOR/DOCENTE:
ASOCIACIÓN CULTURAL ANAQUERONTE
(PERÚ. AREQUIPA)
ESPECTÁCULO:
Caja de sueños

AUTOR: JAVIER VALENCIA PALOMINO
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 75 MINUTOS
TARIFA: 3 €

A obra Caja de sueños presenta un actor, Manuel, que espera a un público pero xa non quere actuar, non sabe actuar, só quere contarnos algunhas historias que creou ou que quixo facer “onde se mostra a loita na escuridade dun home polos seus soños”. Así, van aparecendo personaxes marxinais como o poeta mendigo, esquecidos como a señora vendedora de flores, algúns cheos de tenrura como o neno zapateiro e varios personaxes que van habitando o espazo que crea este actor, Manuel.

ACTOR: Javier Valencia
DIRECCIÓN: JAVIER VALENCIA PALOMINO
[<]


GRUPO:
AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE BURGOS (CASTILLA Y LEÓN)
ESPECTÁCULO:
Ya no volveré
AUTOR: DRAMATURXIA DE JUAN LUIS SÁEZ A PARTIR DE VVAA
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 23'00
DURACIÓN: 90 MINUTOS
TARIFA: 3 € (AFORO REDUCIDO)

Desde que comezou o século XXI, máis de 30.000 persoas acabaron os seus días nas augas do Mediterráneo tentando chegar á vella Europa. A escala de desprazamentos humanos debidos á guerra, a pobreza, a fame, as enfermidades, a falta absoluta de proxecto de vida, é imparable e superior ás vividas en toda a historia da humanidade. Os gobernos, que en parte son os responsables dos conflitos que provocan este éxodo, non son quen de dar solucións ao drama que se desenvolve en millóns de persoas á deriva dos camiños e das fronteiras tentando acadar un lugar onde poidan establecerse e levar unha vida digna.

ELENCO: John Halnan, Alicia de la Peña, Paula Fernández, Daniel García, Berta Pascual, Beatriz Bernal, Javier San Eustaquio, Pedro Javier Díaz e Daniel Mudéjar
TÉCNICO: José A. Pereda (Bisby)
DIRECCIÓN: JUAN LUIS SÁEZ
[<]