PROGRAMA

mércores 18 de abril


 

GRUPO:
CONTRAPRODUCIÓNS SL
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
O tolleito de Inishmaan
AUTOR:
MARTIN MACDONAGH
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 20’30

DURACIÓN: 115 MINUTOS
TARIFA: 6 € (Venta anticipada 5€)

Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características… Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro. Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante composta para o espectáculo, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.

ELENCO: Santi Romay, Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, Melania Cruz, Marcos Pereiro, Pepo Suevos, Luis Iglesia
ILUMINACIÓN: Afonso Castro
ESCENOGRAFÍA: Carlos Alonso
VESTIARIO: Carlos Alonso e Belén Pichel
MÚSICA: Guillerme Fernández
MAQUILLAXE: Martina Cambeiro
TÉCNICOS EN XIRA: Afonso Castro, Héctor Pazos
DIRECCIÓN: CÁNDIDO PAZÓ
[<]


GRUPO:
LEO BASSI
(ITALIA)
ESPECTÁCULO:
El último bufón
AUTOR: LEO BASSI
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 22'00
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 10 €

Cando marchei do circo, nos anos setenta, quería fuxir daquilo no que se convertera: Espectáculos infantís cheos de tradicións e convencións baleiras. Dentro de min, tiña fame de algo máis grande, máis esencial e excitante. Necesitaba provocacións, loitas políticas, unha arte necesaria e emocionante.
Sei agora que lonxe de ser unha ovella negra, un revolucionario da pista, o meu instinto provocador estivo inspirado polo mesmo espírito libertario que movía aos meus antepasados. Fronte ao ríxido sistema de clases que dividía a sociedade, o circo clásico era un lugar onde a xente de abaixo, os obreiros, os campesiños podían liberarse e abrirse novos camiños na vida, eran heroes populares que demostraban que con esforzo físico, determinación intelectual e moito sentido do humor, os pobres podían salvarse.
Quizais máis que o socialismo mesmo, o mundo circense era a encarnación en clave utópica da esencia filosófica do Século das Luces.
Por nacer na última xeración do circo tradicional e telo coñecido desde dentro, na súa verdadeira narrativa dentro da historia, creo que podo en certo xeito considerarme: O Último Bufón. Non é só un espectáculo, é ademais unha volta consciente ás responsabilidades éticas da miña estirpe.
É un levantamento popular bufonesco contra a tiranía de hoxe e de sempre.

ACTOR: Leo Bassi
[<]