PROGRAMA

domingo 15 de abril


 

GRUPO:
GEPPETTO. AULA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
(Du)as viaxes de Gulliver
AUTORA: DRAMATURXIA DE ELENA SEIJO
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 18'00
DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Espectáculo construído tomando algunha das viaxes de Gulliver para ofrecer unha sorprendente peza chea de xogos, imaxes e personaxes incribles que farán que as nenas e nenos vivan a fantasía e o divertimento pero que tamén quede neles o pouso da sátira sobre a natureza humana que fai o autor do texto orixinal.

 

ELENCO: Tito Escuredo, Maricarmen Fernández, Candela López, Marcos Valencia, Amada Saa, Carmen Mª Aranda, Marisol Delgado

DESEÑO DE SON: Rubén Dobaño

DESEÑO DE LUZ: José Manuel Bayón

TÉCNICOS DE MONTAXE: José Manuel Bayón e Rubén dobaño

VESTIARIO: Geppetto e Sarabela Teatro

ESPAZO ESCÉNICO: Sarabela Teatro e Elena Seijo

DIRECCIÓN: ELENA SEIJO
[<]



 

GRUPO:
COMPAÑÍA DE TEATRO USC. LUGO
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
Wk
AUTOR: GEORG BÜCHNER
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 19'00 e 20'30
DURACIÓN: 65 MINUTOS
TARIFA: 3 € (AFORO REDUCIDO)

Había unha vez un pobre neno que non tiña pai nin nai, todos morreran e xa non quedaba ninguén no mundo. Morreron todos. El deu en chorar día e noite. E como xa non había ninguén na terra quixo ir ao ceo, e a lúa era un anaco de madeira apodrentada. Entón foise ao sol e, cando chegou, era un xirasol seco, e cando chegou ás estrelas, estas eran pequenos mosquitos de ouro que estaban prendidos como os prende o alfaneque no abruñeiro, e cando quixo volver á terra era unha pota ao revés e estaba completamente só, entón sentou e empezou a chorar. Aínda segue sentado e está completamente só.

ELENCO: Enxhi Toska, Adrián del Río, Pablo Fernández, Soraya Comba, Elba Fernández, Giovanni Peixoto
LUZ E SON: Alfredo Sarille
DESEÑO DE ESPAZO ESCÉNICO: Paloma Lugilde e Óscar Lago
LOXÍSTICA: Paz Fernández Freire
DIRECCIÓN: PALOMA LUGILDE
[<]