PROGRAMA

sábado 14 de abril


 

GRUPO:
AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE HUELVA (ANDALUCÍA)
ESPECTÁCULO:
Sueño-noche-verano #amorromanticoporuntubo

AUTOR:ADAPTACIÓN DE El sueño de una Noche de Verano de W. SHAKESPEARE
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 90 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Eliximos o Soño dunha noite de verán como guía de traballo porque Shakespeare segue ofrecéndonos coma poucos un retrato impecable da condición humana. A partir dos conflitos que formula o texto orixinal, xurdiron moitos temas que o grupo quería abordar: cuestións de xénero coa trampa do amor romántico e o machismo como pezas claves, normas ás que nos somete a sociedade e como trasgredilas para fuxir delas e vivir en realidades artificiais que confunden a realidade co soño, ás veces mediante o uso das drogas. Problemas interxeracionais, de amizade, de parella...
Sen esquecer que o Soño dunha noite de verán é unha comedia, unha deliciosa comedia que, ademais de reflectir as nosas grandezas e miserias, fainos rir e sorrirnos.

 

ELENCO: Jose Mari Amador, Elena Bravo, Emma Cañas, Blanca Domenech, Kenia Echenique, Alicia López, Agustín Martín, Juan Ortiz, Rocío Ruiz, Paco Tebar y Dani Verum

ESPAZO ESCÉNICO: Lola Botello

ESCENOGRAFÍA, VESTIARIO E ATREZZO:Aula de Teatro UHU

ILUMINACIÓN: David Díaz
MÚSICA e ESPAZO SONORO: Lola Botello
FOTOGRAFÍA: Araceli Parejo
VERSIÓN e ADAPTACIÓN: Aula de Teatro UHU
ASISTENTE Á DRAMATURXIA: Ángeles Mora

DIRECCIÓN:LOLA BOTELLO
[<]


GRUPO:
DANZA UNIVERSITARIA (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
8º Encontro de danza interuniversitaria
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 23'00
DURACIÓN: 75 MINUTOS
TARIFA: 3 €

DIRECCIÓN DO ENCONTRO DE DANZA: BEGOÑA CUQUEJO (TRASPEDIANTE)
COLABORA: CORPO ATERRA

Coreografías creadas por grupos de danza galegos, universitarios ou con vocación docente. A nova danza galega.

MIRIAM CENTRO DE DANZA. OURENSE con Basta ya
ELENCO: Natalia Barbosa, Ana Mª Enríquez, Adriana Feijoo, Marta Gamallo, Claudia López, Clara Nieto

MÚSICA: Lalo Schifrin
DIRECCIÓN / COREOGRAFÍA: Miriam Rodríguez

SInvisibilizadas, discriminadas, maltratadas, mortas. Rebélate!

 

AULA DE DANZA DA UDC - DANZA NORMAL. A CORUÑA con Verbena final. 10 anos de grandes hits

ELENCO: Verónica Moar, Fernando Bruna, Eva Fórneas, Zeltia Martínez, Elías Álvarez, Elena Sánchez

DIRECCIÓN: Rut Balbís

Este ano a Aula de Danza Normal da UDC celebra o seu 10º aniversario facendo unha revisión das trece pezas feitas ata o momento.

Animais e os seus comportamentos, as novas tecnoloxías, as relacións persoais, individuais e como colectivo dentro da nosa sociedade actual, son as principais fontes de inspiración para as nosas pezas.

 

 

"DO-OU-TRAS" AULA DE DANZA CAMPUS DE OURENSE con Anomaloutras

ELENCO: Sonia Paz, Patricia Román. Alicia Fraga, Mercedes Ferro, Daniele, Veruska Castello, Belén Ferro, Rosa Mojón, Carlos, Noelia RoPe

DIRECCIÓN / COREOGRAFÍA:Cris Vilariño

A causa da súa positividade o violento poder do igual resulta invisible. A proliferación do igual faise pasar por crecemento. Pero a partir dun determinado momento a produción xa non é produtiva senón destrutiva; a información xa non é informativa, senón deformadora; a comunicación xa non é comunicativa, senón meramente acumulativa” (Buyng-Chul Han. A expulsión do distinto)

 

TICS COLECTIVO ESCÉNICO con Sen control

ELENCO: Beatriz Cid, Patricia Varela, Rut Marina Reza, Sara Fondevila

DIRECCIÓN / COREOGRAFÍA: Patricia Varela Díaz

“Creo que hai que pelexar contra o medo, que se debe asumir que a vida é perigosa e que iso é o bo que a vida ten para non converterse nun mortal aborrecemento” (Eduardo Galeano)

 

E ADEMAIS, CERTAME DE ARTES DO MOVEMENTO DOUTRAS (Optan a premio do público):

* EVA ALFONSO e JULIO FERNÁNDEZ con Cunha cadeira atravesar océanos
ELENCO: Eva Alfonso e Julio Fernández
MOVEMENTO: Eva Alfonso.
DIRECCIÓN E TEXTO: Julio Fernández
ILUMINACIÓN: Raquel Hernández e Pedro Fresneda
ESPAZO ESCÉNICO: Anómico Teatro
Proxecto en residencia en Teatro Ensalle, 2017
MÚSICA: Große Fuge B-Dur Op. 133, Bethoven, cuarteto Alban Berg 2011.

* TRANSFERMOVE CÍA DE DANZA (VALENCIA) con Emigrados
ELENCO: Toni Aparisi e Iris Pintos | VOZ EN OFF: Juanjo Prats
DIRECCIÓN e TEXTO: Iris Pintos
“Emigrados” aborda a nosa preocupación pola perda do valor da comunicación. Non somos quen de dicir o que pensamos e sentimos, e precisamos iniciar unha viaxe para redescubrir quen somos e para coñecer mellor aos que viaxan con nós. Usamos as palabras dos Presidentes do Goberno porque todo o tempo se contradín e levándoo á escena escena, cremos que narramos como é a incrible situación na que vivimos.
[<]