PROGRAMA

venres 13 de abril


 

GRUPO:
CITAC (PORTUGAL. COIMBRA)
ESPECTÁCULO:
Os sapatos
AUTOR:YVETTE CENTENO
LUGAR: AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 € (Aforo reducido)

Dúas vellas descalzas, unha vestida de negro, outra vestida de branco”. Unha bailarina: o momento exacto antes da fin da vida. Un pianista diluído nun camiño interrompido. Un empurrón que transforma e revela. A felicidade de sermos un todo: feminino & masculino; vigorosos & delicados. De ter un corpo e dúas almas. De ser gozosa a transformación. Todos somos pedazos deste universo cuxos brazos extensos arrastran outros corpos pola corda do tempo. Un tempo que prende, amola e transforma. Seres mitolóxicos e personalidades dentro de zapatos. Zapatos que nos dominan, que nos abren camiño entre a multitude. Un armario. Solitario. Que zuga, devora e cospe.

 

 

ELENCO:Celine Marie, Diogo Figueiredo, Letícia Moro, Luca Rosania, Ricardo Batista, Raquel Montenegro e Zé Ribeiro

Sonoplastia e Composición musical: Francisco Correia | Deseño e técnico de luz: João Leitão
ESCENOGRAFÍA: Cheila Pereira e Margarida Cabral

VESTIARIO: Margarida Cabral
FOTOGRAFÍA: Celine Marie, Felippe Vaz, Joana Mairos, Mariana Mendes, Nino Consolini Cirenza, Pedro Matos e Tom Barreto
VÍDEO: Carlos João Santos

DESEÑO GRÁFICO: Joana Monteiro

PRODUCIÓN EXECUTIVA: CITAC

DIRECCIÓN: CHEILA PEREIRA e MARGARIDA CABRAL
[<]


GRUPO:
CORDELIA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO:
A nosa cociña
AUTOR:FINA CALLEJA
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 23'00
DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Se o mundo está cheo de cociñas, como dicimos aquí, non te podes atopar máis que con porcos... Penso cara onde camiña o ser humano e no que un fai para arranxar o mundo... Miro esta cociña, ou penso nas fábricas ou en todas esas cantidades de edificios que se levantan aquí e acolá, con todas esas oficinas e toda esa xente dentro e dígome: Meu Deus, xa está ben, non? Xa está ben.


ELENCO:Lola Fernández, Sonia Buján, Laura Blanco, Lina Errida, Candela López, María Novoa, Koro Miravete, Héctor González, Esther Pérez, Claudio Rodríguez, Alberto Gesteira, Karem Alejandra Suárez, Anxo Valdés, Gonzalo Serna, Nelly Formoso
ESPAZO ESCÉNICO: Sarabela Teatro

LUZ E SON: José Bayón e Rubén Dobaño
DESEÑO DE SON: Carlos Domínguez
ASISTENTE DE DIRECCIÓN: Héctor Martínez
DIRECCIÓN: FINA CALLEJA
[<]