PROGRAMA

sábado 28 de abril


 

CLAUSURA DA XXIII MITEU
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’00

ENTREGA DOS PREMIOS DO XURADO E DO ESPECTADOR "CARLOS COUCEIRO E BEGOÑA MUÑOZ" DA XXII MITEU

XURADO: composto por Cristina Ponce, José María Gómez, Héctor Martínez, Matilde Vázquez, Marcos Vázquez, Ánxeles Álvarez

ENTREGA DE PREMIOS Á MELLOR RESOLUCIÓN TÉCNICA “SUSO DÍAZ” DA XXII MITEU
XURADO: composto polos técnicos do Auditorio e do Teatro Principal

ENTREGA DO PREMIO DA ORGANIZACIÓN DA MITEU

A organización outorga o premio deste ano a TAREIXA CAMPO, pioneira do teatro en Lugo e da Aula de teatro universitaria lucense.
[<]


GRUPO:
MARICASTAÑA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE
(GALICIA)
ESPECTÁCULO:
As ondas das pedras no río

AUTOR: DRAMATURXIA DE FERNANDO DACOSTA
LUGAR: TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20’30
DURACIÓN: 88 MINUTOS
TARIFA: 3 €

A vida de dous xemelgos nun mundo onde non se debe transgredir a historia. Onde non se pode pensar o impensable e onde o impensable, polo tanto, non debe suceder. Un contexto social exacerbado pola miseria económica e moral, que tantas veces van xuntas. Relacións de parella truncadas aquí e na outra parte do mundo que acaban empurrando cara un final non desexado. O amor maternal, con erros, con brusquedades, onde as pequenas cousas poden facer que aletee unha bolboreta negra no noso corazón ou que nos sintamos arroupados no medio dun gran trebón. O presente é froito dun pasado marcado na pel e nos espíritos, entrelazado por pequenas cousas, alegrías efémeras, momentos únicos e irrepetibles, como o xiz no encerado ou como as ondas das pedras no río. Ese pasado que volve constantemente á mente dos seres danados ata a loucura, un pasado que pesa no reencontro dos que se despediron sendo nenos e agora son adultos, a lembranza dos feitos que cambiaron para sempre as súas vidas O libro de Arundhati Roy, O deus das pequenas cousas, soñado en escena por Maricastaña.

ELENCO: Caterina Vázquez, Marcos Viturro, Silvia Pazo, Amada Saa, Chelo Cortiñas, Paco Daza, Irene Pérez, Israel Fernández, Tatiana González, Raquel Fernández
ILUMINACIÓN, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra
MÚSICA: Renata Codda Fons
CARTEL E PROGRAMA: Pablo Otero
AXUDANTES DE DIRECCIÓN: Marcos Vázquez e Héctor Martínez

ESCENOGRAFÍA E DIRECCIÓN: FERNANDO DACOSTA
[<]


GRUPO:
DANI MINIMALIA

ESPECTÁCULO:
Guitarra

Guitarrista e compositor ourensán, referente musical do país e alén das nosas fronteiras. Nominado ao Grammy latino e galardoado nos premios Hollywood Music Award.
[<]