PROGRAMA
[<]

venres 27 de abril


 

GRUPO:
ÑA DJINGÖ (GUINEA ECUATORIAL)
ESPECTÁCULO:
Ngoan Ntangan. Dos mundos que se tocan (Manoliño Nguema)
AUTOR:
GORSY EDU
LUGAR:
TEATRO PRINCIPAL
HORA: 20'30
DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Ngoan Ntangan, un baile tradicional Fang, unha máscara con tres rostros onde se deducen as tres enerxías coas que funcionan as persoas: o que somos, o que amosamos e o que os demais ven de nós. Baixo esa premisa tres actores de distintas xeracións contan a vida de Marcelo Ndong, alias Manoliño Nguema, o pai do teatro moderno de Guinea Ecuatorial, que se formou en La Ciudad de los Muchachos en Bemposta (Ourense)
Unha viaxe persoal e creativa que o levará desde a Guinea postcolonial e a España do final dos anos 60 ata a actualidade reflectindo os lazos históricos e culturais que unen os dous países.

 

ELENCO: Raimundo B. Nnandongo (Russo), Gorsy Edu e Marcelo Ndong
DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Harry
ESCENOGRAFÍA: Ña Djingö
DIRECCIÓN: GORSY EDU
[<]


GRUPO:
YLLANA
(MADRID)
ESPECTÁCULO:
666

AUTOR: YLLANA
LUGAR:
AUDITORIO MUNICIPAL
HORA: 23'00
DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 10 €

Catro temibles convictos chegan ao corredor da morte
para ser executados.
A adaptación destes convictos á súa nova situación, a irritante convivencia entre eles, as súas relacións cos gardiáns e as desastrosas execucións ás que son sometidos desencadearán unha serie de escenas dantescas, incontrolables e disparatadas, convertendo o corredor da morte nun improvisado inferno.
En 666 Yllana imprime unha dose máis elevada de humor negro, absurdo e mordaz ao seu habitual traballo cómico visual para amosar, sen palabras, o lado máis escuro e sinistro do ser humano.
Entra neste macabro mundo, onde non haberá salvación ningunha para ninguén. Nin sequera para o espectador.


ELENCO: Fidel Fernández, Raúl Cano, Juan F. Ramos, Juan Fran Dorado
ESCENOGRAFÍA: Juan F. Ramos, José M. Ramos, Manolo Molas
DESEÑO ILUMINACIÓN: Juan Ramos
DESEÑO DE SON: José Armando Ruiz, Pelayo Gutiérrez
VESTIARIO: Teresa Rodrigo
ATREZZO: Pablo Pérez, Pablo Camuñas, Sebastián Sánchez, Fernando Andrés, José M. Ramos
ILUMINACIÓN E SON: Nacho Arjonilla
REXEDOR: Fran Álvarez
DESEÑO GRÁFICO: Daniel Vilaplana
FOTOGRAFÍA: Pablo Santana
COMUNICACIÓN E PRENSA: Rosa Arroyo, Esther Pascual
XEFA DE PRODUCIÓN: Mabel Caínzos
PRODUCIÓN EXECUTIVA: Marcos Ottone

Unha produción de Yllana
YLLANA SON: Fidel Fernández, Joe O’Curneen, Juan F. Ramos, Marcos Ottone e David Ottone

DIRECCIÓN: DAVID OTTONE

[<]